Axudas para fomentar a silvicultura en bosques no medio rural e proceder á súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de concorrencia competitiva.
* Ámbito de aplicación
O disposto nesta orde será de aplicación a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
Axudas a fondo perdido.
As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Liña I: Axudas para realización de prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permita crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, clareos, claras e podas, coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II: Axudas para tratamentos silvícolas (claras, clareos, podas, talas de formación, rozas, etc) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.
Un mesmo solicitante poderá solicitar unha ou varias liñas de axuda se non coinciden na mesma superficie.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).
2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto a propietarios como arrendatarios ou xestores. Non se admite a cesión por partigo do propietario do terreo a un terceiro.
3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
5. Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, apartado 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.
6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Sector silvícola
A) Superficie mínima:
1. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
2. Para montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 10 hectáreas nun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
3. Para as asociacións e agrupacións de propietarios particulares, as entidades locais, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens e outras persoas xurídicas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun couto redondo.
A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
4. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea nun couto redondo, non admitíndose máis dun couto redondo.
A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
B) Superficie máxima:
1. Para comunidades de montes veciñais en man común: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 50 hectáreas, admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando cada un deles supere a superficie mínima de 3 hectáreas para comunidades de
montes veciñais en man común con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas e de 10 hectáreas para comunidades de montes veciñais en man común con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas.
2. Para sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, as entidades locais, comunidades de bens e outras persoas xurídicas: a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas en como máximo tres
unidades de superficie en couto redondo, sempre e cando o couto redondo supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
3. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun só couto redondo.
C) Excluiranse da superficie de actuación os enclaves de extensión igual ou superior a 100 m2, pistas, estradas...
Os traballos obxecto de solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda.
Os tipos de actuacións obxecto de axuda e os importes por actuación son os seguintes:
Liña I: Axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais.
1. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm e con unha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior.
a) Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa superior a 6 cm e inferior a 12 cm acadando unha densidade final entre 900 e 1.100 pés/ha: 1.031,41 /ha.
b) Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa:
682,68 /ha.
No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas deste apartado poderán incrementarse nun 20 %.
Non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura, nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa, no caso que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.
2. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas: esta actuación irá dirixida á creación de descontinuidade tanto horizontal coma vertical en masas de coníferas.
a) Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas: 515,16 /ha.
b) Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima 4 m, con diámetro normal medio comprendido entre 7 e 15 cm e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha: 605,70 /ha.
c) Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa: 682,68 /ha.
No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas deste apartado poderán incrementarse nun 20 %.
Dentro deste apartado, terá que solicitarse obrigatoriamente a poda podéndose solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas.
Liña II: Axudas para tratamentos silvícolas (claras, clareos, podas, talas de formación, rozas, etc) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques.
1. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa entre 10 cm e 20 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m:
a) Rozas: 696,73 /ha.
b) Formación de guías nas que se manifeste nitidamente a dominancia apical e poda ata
1/3 da altura como mínimo: 508,40 /ha.
c) Selección de abrochos: 694,87 /ha.
d) Rareos: 837,08 /ha.
Dentro deste apartado, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha
mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212,00 .
2. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100
pés/ha:
a) Rozas: 696,73 /ha.
b) Podas: 661,40 /ha.
c) Tratamento fitosanitario: 131,87/ha.
d) Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta: 194,77 /ha.
Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544,00 .
As actuacións indicadas nas liñas I e II deste artigo non poderán obter axuda sobre unha mesma superficie.
Poderase subvencionar os honorarios de redacción de proxecto, previa solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo VIII de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.
A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e no anexo VIII de cadro de importes subvencionables.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria.
ORDE do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº248 do 30/12/2015) - Bases e convocatoria 2016
SECRETARIA XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS
Avda. San Lázaro, s/n
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546112 / 981546128 Fax: 981546101