Modernización do parque automobilístico de turismos e vehículos comerciais de menos de 3.500 Kg e motocicletas para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética dos vehículos novos alimentados con enerxías alternativas ás convencionais (gasolina e gasóleo).
Liña de axudas á compra de vehículos novos de propulsión eléctrica, híbrida ou alimentados con gas natural, gases licuados do petróleo ou hidróxeno.
Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada residentes ou radicadas na Comunidade autónoma de Galicia.
Todos
Vehículos Subvencionables:
Vehículos con categoría M1, N1 (segundo a Directiva 2001/116/CE) ou motocicletas coas seguintes características:
- Turismos híbridos, sempre que teñan capacidade de tracción eléctrica ó 100% mediante baterías e unhas emisións inferiores a 120g de CO2/Km.
- Turismos híbridos enchufables, sempre que teñan capacidade de tracción eléctrica ao 100% mediante baterías e unas emisións inferiores a 120 g de CO2/km.
-Turismos eléctricos puros (inclúense os cuadriciclos pesados, categoría L7e).
-Turismos de combustión directa de hidróxeno, ou de pilas de combustible no caso de que se comece coa súa comercialización.
-Turismos bi ou multi-combustibles de gas natural ou gases licuados do petróleo (GLP) que teñan unhas emisións inferiores a 150 gr de CO2/km (inclúense as transformacións de GLP que acrediten, mediante data da ITV, ser efectuadas polo concesionario nun prazo máximo de 3 meses desde a data de primeira matriculación).
-Motocicletas eléctricas puras e híbridas con capacidade de tracción eléctrica 100%, ambas cunha potencia maior de 4kwH, de hidróxeno ou pila de combustible. Requírese que a motocicleta dispoña de matrícula ordinaria de praca branca (matriculación como turismo).
-Transformación a GLP de vehículos de máis de 3 meses desde a data da primeira matriculación.
-Transformación a GLP de vehículos novos, considerando como tales aqueles que acrediten, mediante data da ITV, ser transformados a GLP nun prazo máximo de 3 meses desde a súa primeira matriculación
Establécense os seguintes límites de axudas:
- Vehículos turismos híbridos Full Hybrid: 2.300/vehículo.
- Vehículos turismos híbridos Mild Hybrid: 2.000/vehículo.
- Vehículos turismos híbridos enchufables, eléctricos puros, de combustión directa de hidróxeno ou de pilas de combustible: 7.000/vehículo.
- Motocicletas eléctricas puras, híbridas, de hidróxeno ou pila de combustible: 750/motocicleta.
- Vehículos novos ou transformados (data ITV) nun prazo inferior a 3 meses desde a súa primeira matriculación alimentados por gas natural e GLP: 1.200/vehículo.
- Transformación a GLP de vehículos de máis de 3 meses desde a súa primeira matriculación: 450/vehículo.
En calquera caso as axudas non poderán superar o 15% do prezo de mercado do vehículo. (incluídos os servizos financeiros "renting" "leasing" ou calquera outro).
O plan iniciará a súa vixencia ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia no que se refire á adhesión das entidades colaboradoras (artigo 7º), e un mes despois desta data para o que se refire ao prazo de presentación de solicitudes (artigo 9º), e rematará o día de 31 de agosto de 2011 ou ata que se esgoten os fondos correspondentes.
O prazo para a presentación das solicitudes de adhesión será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, e rematará o día 31 de agosto de 2011 ou na data de fin do plan por remate dos fondos.
Estas axudas serán compatibles con outras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados.
O importe das subvencións reguladas nestas bases en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións, supere o custo da actividade subvencionable.
Resolución do 24 de setembro de 2010 (DOG Nº193 de 06/10/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
Para máis información pode visitar a web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es) ou chamar ó teléfono 981 541 500.
1. O comprador dirixirase a un concesionario ou taller adherido a esta iniciativa e elixirá un vehículo ou motocicleta que cumpra os requisitos mínimos esixidos.
2. O comerciante, previamente a venta, solicitará a provisión de fondos suficiente para a aplicación do desconto correspondente, aceptándose para esta comunicación o fax ó número 981541525.
3. O comerciante cumprimenta o FORMULARIO DE SOLICITUDE DE AXUDA (ver Anexo II para concesionarios e Anexo III para talleres), e asegurarase que se trata dunha persoa residente na Comunidade Autónoma de Galicia, verificando o DNI, e, de ser o caso, o certificado de empadroamento na localidade de residencia.
4. Unha vez realizada a actuación subvencionable, o concesionario ou taller adherido, en función do tipo, fará o seguinte:
Tipo A (concesionarios): cobrará o prezo total do vehículo (IVE incluído) co desconto correspondente (artigo 3)
Tipo B (talleres): cóbrase o prezo total da transformación (IVE incluído) cun desconto de 450. No caso de tratarse dunha transformación non superior a 3 meses desde a data da primeira matriculación, o solicitante deberá entregar ó taller un certificado da conta bancaria en que quere recibir a contía da subvención que exceda 450 (art. 3º.2) .
5. O comprador asina a conformidade no formulario de solicitude de axuda (3 exemplares, quedándose con un deles) e entrega unha fotocopia do DNI e/ou certificado de empadroamento, se for necesario.
6. O concesionario adherido remitirá ao INEGA no prazo máximo de dous meses a partir da realización da venda de cada vehículo a documentación correspondente.