O prazo de presentación finalizou o 08/05/2010

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO E PRODUCIÓN DE CONTIDOS INTERACTIVOS EN LINGUA GALEGA

Finalidade / Obxectivo

Poderán ser obxecto de subvencións desta convocatoria os proxectos de desenvolvemento e produción de contidos dixitais interactivos en lingua galega.

Enténdense por contidos dixitais interactivos as producións constituídas por un conxunto de informacións representadas en múltiples soportes expresivos (texto, son, imaxe estática ou en movemento e codificadas dixitalmente).

Admítense proxectos para a internet, televisión dixital interactiva, consolas de videoxogos e dispositivos móbiles. Non se admitirán proxectos que non sexan en rede agás para os videoxogos, nin se admitirán obras de consulta, ferramentas e servizos de software, proxectos institucionais ou webs corporativas, traducións de produtos existentes ou contidos soamente informativos.

Mediante esta actividade búscanse novos proxectos tractores do uso da sociedade da información entre a cidadanía galega, favorecer o acceso da cidadanía á rede mediante o incremento de contidos relacionados coa lingua e cultura propias, e reforzar a industria galega de produción de contidos dixitais interactivos, innovadores e de calidade, fomentando a creatividade e a innovación das ditas empresas.

Tipos de apoio

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas legalmente como empresas de contidos interactivos, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que teñan sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de proxectos que se realicen en réxime de coprodución, distribuirase proporcionalmente o importe da subvención en función da súa porcentaxe de participación.

2. En calquera caso, a consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan das súas condicións económico-financeiras e do seu impacto na actividade económica da comunidade autónoma.

3. Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, quedan excluídos aqueles solicitantes que fosen beneficiarios de axudas nas convocatorias de axudas da Consellería de Cultura e Turismo nos anos 2008 e 2009 e incumprisen as bases ou a finalidade establecida na súa convocatoria, sempre e cando fosen sancionados por tales circunstancias.

Requisitos principais do proxecto

Serán obxecto de subvencións as seguintes modalidades de proxectos:

1. Proxectos de desenvolvemento de contidos interactivos.

Enténdese por desenvolvemento de proxectos de contidos interactivos o conxunto de operacións previas á preprodución dunha obra interactiva: a adquisición de dereitos, os traballos de investigación, o deseño da estrutura, escrita e análise do guión, a selección de membros principais do equipo, identificación das ferramentas tecnolóxicas e software específico, a preparación do orzamento estimado de produción e plan financeiro, a procura de socios e coprodutores, a planificación da produción, o plan inicial de márketing e explotación da obra, etc.

O importe máximo de subvención que poderán obter este tipo de proxectos será de 15.000 euros e, en todo caso, non poderá superar o 50% dos custos do proxecto.

2. Proxectos de produción de contidos interactivos.

Enténdese por proxectos de produción de contidos interactivos aqueles que teñan como soporte e medio de realización as novas tecnoloxías, segundo as características enunciadas no número 1 deste artigo. O importe máximo de subvención que poderán obter será de 90.000 euros e, en todo caso, non poderá superar o 40% dos custos do proxecto.

En todos os casos, o importe que se vai xustificar será o correspondente ao total dos custos do proxecto.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do tratado das axudas de minimis.

Contía das axudas

1. Proxectos de desenvolvemento de contidos interactivos:
O importe máximo de subvención que poderán obter este tipo de proxectos será de 15.000 euros e, en todo caso, non poderá superar o 50% dos custos do proxecto.

2. Proxectos de produción de contidos interactivos:
O importe máximo de subvención que poderán obter este tipo de proxectos será de 15.000 euros e, en todo caso, non poderá superar o 50% dos custos do proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Referencia lexislativa

Resolución do 18 de marzo de 2010 (DOG Nº65 do 08/04/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010

Información e tramitación en

Información na AXENCIA GALEGA DE INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC) a través de:

a) Páxina web oficial da Agadic (http://www.agadic.info) na súa epígrafe de axudas e trámites.
b) Os teléfonos 881 99 96 10, 881 99 96 14, 881 99 96 15 e 881 99 96 17.

As solicitudes presentaranse preferentemente no Rexistro da Axencia Galega das Industrias Culturais, no rexistro xeral de servizos centrais da Xunta de Galicia ou por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Observacións

O prazo de xustificación para as subvencións de carácter anual rematará o 31 de outubro de 2010.