O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salienta que as exportacións cara ese país xa medraron nun 25% no que vai de ano. Destaca a colaboración como unha clave de éxito para a internacionalización das pemes galegas.
O conselleiro de Economía e Industria anuncia na Coruña novas iniciativas formativas en colaboración coa Escuela de Organización Industrial. A través do Centro de Excelencia na Xestión das Pemes galegas impulsarase a competitividade de 300 empresas galegas. Destaca que Galicia é a segunda comunidade cun mellor saldo comercial no que levamos de ano, con 2.568 Millóns de euros.
O Igape reuniu hoxe a representantes de trece dos principais clústers galegos para continuar a impulsar accións de colaboración entre as agrupacións. En próximas datas resolverase a convocatoria de axudas da Consellería ao funcionamento dos clusters, dotadas con 4,2 millóns de euros.
O director do Igape, Javier Aguilera, e o director de GAIN, Manuel Varela, salientan que o convenio asinado hoxe entre o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións e a asociación de empresas TIC permitirá mellorar a competitividade nestes sectores. A cooperación neste ámbito facilitará a transferencia de tecnoloxía desenvolvida por Gradiant ao sector TIC de Galicia e servirá ao centro tecnolóxico para coñecer as necesidades das empresas en materia de I+D+i. Economía e Industria aposta por potenciar a excelencia dos clústers como dinamizadores da economía galega.
O director do Instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria, Javier Aguilera, reuniuse en Luxemburgo co director executivo do FEI, Richard Pelly, para afondar nas posibilidades de acadar fondos para as pemes galegas durante os próximos anos. O Fondo Europeo de Investimentos ten como obxectivo mellorar o financiamento das pemes achegando participacións en capital risco e garantías.