Venres, 08 Abril 2011 02:00

Varela destaca o investimento, a innovación e a internacionalización como claves para a reactivación

O director xeral do Igape constatou que os investimentos están a activarse en Galicia e dixo que cómpre "promovelos para acelerar o proceso de recuperación do tecido empresarial". Nunha xornada informativa para empresarios, Joaquín Varela destacou igualmente os apoios do programa Innoempresa para favorecer a aplicación da innovación aos procesos e produtos, "que contribuirá á apertura de novos mercados para as empresas galegas". Salientou tamén os apoios á internacionalización, "que ten que ser abordada con estudos previos, con preparación e planificación, con visión estratéxica".

xornada 8043Santiago, 8 de abril de 2011.- O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Joaquín Varela de Limia, destacou que o investimento, a innovación para mellorar a competitividade e a internacionalización constitúen "tres elementos fundamentais para dinamizar a actividade empresarial e contribuír a que Galicia recupere a senda do crecemento económico".

ImageDurante unha xornada para informar sobre as novas liñas de apoio para apoiar os investimentos mediante préstamos directos e para impulsar a innovación aplicada ás empresas da man do programa Innoempresa, Varela salientou que as tres vías de actuación "desenvolven os eixos estratéxicos de actuación da Consellería de Economía e Industria a través do Igape, sen esquecer tampouco os apoios para facilitar o acceso ao financiamento, especialmente para circulante", indicou.

Segundo Joaquín Varela, os investimentos están repuntando en Galicia e "temos que promovelos para acelerar o proceso de recuperación do tecido empresarial". Neste sentido, lembrou que a liña de préstamos directos do Igape –dotada con fondos BEI- que acaba de publicarse vén complementar, neste ámbito, as bases de apoio a grandes investimentos empresariais e programas como o re-Emprende.

Noutra orde de cousas, o director xeral do Igape destacou que a mellora da competitividade é fundamental para promover un crecemento consolidable. Por iso, dixo, desde a Consellería de Economía e Industria "apoiamos proxectos e iniciativas neste ámbito, mediante bases como as do programa Innoempresa, destinada a facilitar a aplicación da innovación aos procesos e produtos, o que contribuirá á apertura de novos mercados para as empresas galegas", destacou.

Varela destacou igualmente que a internacionalización empresarial conforma outro dos obxectivos de interese estratéxico para o Goberno no seu conxunto e para a Consellería de Economía e Industria e o Igape, en particular. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego está a desenvolver un programa integral de apoio ás estratexias de internacionalización das empresas galegas, que está a supor un incremento do esforzo orzamentario neste capítulo.

O director do Igape advertiu que "como todos os retos empresariais, a conquista de mercados exteriores ten que ser abordada, non só con produtos e servizos competitivos, senón tamén con estudos previos, con preparación e planificación, con visión estratéxica, con intelixencia". Recordou que o Instituto presidido polo conselleiro Javier Guerra dispón dun amplo abano de servizos a disposición dos empresarios, e dun especializado marco de axudas, boa parte delas abertas á presentación de novas solicitudes ata o mes de maio, para apoiar iniciativas e proxectos de internacionalización.

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios