Formación en empresas saudables
Para satisfacer a necesidade de fomentar a cultura da organización/empresa saudable, promovendo hábitos que permitan conseguir organizacións sas, saudables e sustentables, plantexamos esta proposta formativa, impartida pola empresa ÁREAS DE FORMACIÓN ESTRATÉGICA, S.R.L., centrada nos seguintes módulos:
- Liderado saudable, ten como obxectivo descubrir a importancia do traballo en equipo nas organizacións, adquirir habilidades para desenrolar e participar en equipos de traballo eficientes, orientar pautas de comportamento favorables ao resultado final e reflexionar sobre a relación responsable- colaborador.
- Linguaxe saudable, ten como obxectivo empregar unha linguaxe positiva e eficaz, eliminar expresións non desexables e substituílas por expresións positivas, empregar técnicas de comunicación positiva e diferenciar persoas con alta e baixa habilidade social.
- Creatividade e solucións de problemas para reducir o distrés, ten por obxectivo desenrolar o potencial creativo, obter o máximo rendemento do capital intelectual de todos os integrantes do equipo, xerando e implementando ideas creativas e innovadoras.
Obxectivo e enfoque
Os talleres serán presenciais e aplicaranse metodoloxías didácticas que fomenten a aprendizaxe activa e dinámica por parte dos/as participantes.
Destinatarios da formación
Persoal en activo en empresas galegas ou con centro de traballo en Galicia: profesionais con experiencia directiva ou xefes/as de unidades organizativas; coordinadores/as de proxectos, encargados/as ou mandos intermedios e, en xeral, aqueles que queiran desenvolver e optimizar a súa capacidade para dirixir persoas.
Prazas: 15 por módulo
Prazo de solicitude: Ata 3 días antes do comezo de cada acción formativa.
Datas:
Liderado saudable: sábado, 24 de febreiro e sábado 3 de marzo, de 10:00 a 14:00h
Linguaxe saudable: sábado 10 de marzo e sábado 17 de marzo, de 10:00 a 14:00h
Creatividade e solucións de problemas para reducir o distrés: sábado 7 e sábado 14 de abril, de 10:00 a 14:00h
Localidade e infraestruturas:
Lamiño, 26 Código postal: 15.865 Brión (A Coruña)
Áreas de Formación Estratégica, S.R.L.
http://areasdeformacion.com
Listados de admitidos
Listado de admitidos ao curso creatividade e solucións de problemas para reducir o distrés 07/04/18
Listado de admitidos ao curso Liderado Saudable 10/03/2018 e 17/03/2018
Listado de admitidos ao curso Liderado Saudable 24/02/2018
Criterios de selección:
- Orden de inscrición
- No caso de que se inscriban máis solicitantes que prazas ofertadas decidirase segundo a meirande relación do curso coas funcións do posto de traballo segundo a descrición da folla de inscrición.
- Darase preferencia a unha persoa por empresa
A lista de alumnos admitidos publicarase en en www.igape.es/es/xornadas ao día seguinte ao peche do prazo de inscrición.
Para consultas relacionadas con programa: 981 541 118 ou no correo
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O custo do curso é asumido polo Igape e cofinanciado polo FSE nun 80%, sendo gratuito para os alumnos participantes. Os custes de manuteción e aloxamento serán por conta do alumno.