Deadline for submitting applications will end on 14/02/2022

PROGRAMA DO BONO AUTÓNOMO 2022 (TR341Q)

Purpose / Objective

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2020 inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

3. Quedan excluídos desta orde:

a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias.

Main project requirements

A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2022 e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 5 de decembro de 2022.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Os servizos e os investimentos deben ser contratados con provedores que se dediquen á actividade obxecto da subvención.

As administracións laborais competentes, nos seus respectivos ámbitos de xestión, garantirán o pleno cumprimento de «non causar prexuízo significativo» (principio « do no significant harm-DNSH») e a etiquetaxe verde e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros do 27 de abril de 2021 e no Regulamento (UE) número 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases de deseño e execución de proxectos.

Ás solicitudes deberá xuntarse unha declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo», no sentido establecido no número 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, conforme o formulario que se recolla na convocatoria debidamente cuberto pola entidade solicitante. A dita declaración responsable do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio « do no significant harm-DNSH») realizarase atendendo ao modelo que se recolle no anexo III, seguindo as directrices recollidas na Comunicación da Comisión Europea (2021/ C 58/01), Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» en virtude do Regulamento relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Investments or eligible costs

Serán subvencionables as seguintes liñas de actuación:

1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade que se vaia subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.

2. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1, mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

- Plan estratéxico do negocio.

- Plan de reorientación do negocio.

- Plan de refinanciamento.

- Plan de márketing.

- Plan de eficiencia enerxética.

- Plan de biodiversidade.

- Plan de comunicación do negocio.

- Plan de transformación dixital.

Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio de 2021 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.

Liña 2, mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

- Compra de maquinaria.

- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

- Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

- Compra de utensilios e ferramentas.

- Reforma do local do negocio.

- Equipamento informático.

- Equipamento de oficina e/ou negocio.

- Rótulos.

- Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.

• Deseño de marca.

Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. O importe máximo que se pode percibir por ambas as liñas é de 3.000 euros.

No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

Amount of aid

Subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 14 de xaneiro de 2022 e remata o 14 de febreiro de 2022.

Incompatibility

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo da actividade que vaia desenvolver a persoa beneficiaria.

2. As axudas previstas nesta orde serán incompatibles coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos poidan outorgar as administracións públicas, agás as outorgadas polo Igape dentro do programa Re-Acciona convocado para o exercicio 2021.

3. Esta axuda é incompatible nos mesmos conceptos de axuda coas subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais convocadas para o ano 2021.

Legislative Reference

Orde do 29 de decembro de 2021 (DOG Nº250 de 30/12/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2022

Information and processing in

Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545625/ 981957729

Email: autonomos.emprego@xunta.gal