Deadline for submitting applications will end on 14/07/2021

TR600B - PROGRAMA II DE APOIO AOS AUTÓNOMOS/AS INDIVIDUAIS E AUTÓNOMOS/AS OU EMPRESAS CON ATA 10 TRABALLADORES/AS, OU ATA 25 TRABALLADORES/AS CUN VOLUME DE FACTURACIÓN DE ATA 2 MILLÓNS DE EUROS

Purpose / Objective

A concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros no exercicio 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio á solvencia e á reducción do seu endebedamento.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas que reúnan as condicións establecidas e que cumpran os seguintes requisitos:

- Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de máis dun 30% para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no Anexo I do Real Decreto-lei 5/2021, de 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40% ou más, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no Anexo I Real decreto-lei 5/2021.
- Os demais requisitos establecidos no artigo 7 da orde.

No caso de grupos consolidados que tributen no Imposto sobre sociedades no réxime de tributación consolidada, entenderase como destinatario a efectos do cumprimento dos requisitos de elixibilidade e transferencias, o citado grupo como un contribuínte único, e non cada unha das entidades que o integran, polo que o resultado o volume de operacións a considerar pra determinar a caída da actividade será o resultado de sumar todos os volumes de operacións das entidades que conforman o grupo.

Investments or eligible costs

Serán subvencionables os gastos realizados para:
- O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
- O pago da débeda derivada dos custos fixos.

Os pagos aos que se refire o punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
- A obriga de pago debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
- Os pagos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

A data de nacemento dos compromisos contractuais e a data de nacemento da obriga de pago xustificarase coa data que se sinale no contrato de referencia e/ou factura correspondente.

Amount of aid

As axudas, en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes (sen prexuízo de que resulte aplicable o previsto no artigo 5.2 da orde, para o caso de que existan créditos sobrantes nalgún programa):
- 6.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30% e ata un 60%.
- 7.000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60% e menos dun 70%.
- 8.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70% ou máis.

A dita cantidade incrementarase ata en 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teña a persoa solicitante no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:
- 1.000 euros se ten de 4 a 9 persoas traballadoras por conta allea.
- 2.000 euros se ten de 10 a 20 persoas traballadoras por conta allea.
- 3.000 euros se ten de 21 a 25 persoas traballadoras por conta allea.

Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50% das cantidades indicadas.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.

Legislative Reference

Orde do 9 de xuño de 2021 (DOG Nº110 do 11/06/2021) - Bases reguladoras
Infografía

Information and processing in

Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600
(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)