Deadline for submitting applications will end on 18/03/2021

TR500B - PROGRAMA II DE MICROEMPRESAS

Purpose / Objective

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.

Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a dous millón de euros no último ano en que se presentasen contas e acrediten un descenso de facturación superior ao 60 %. No caso das pemes pertencentes ao canal de distribución Horeca, o volume de facturación elevarase ata os cinco millóns de euros.

Potential beneficiaries

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme o indicado no artigo anterior, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.

Obrigas específicas das persoas ou entidades beneficiarias deste programa .

1. As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.

Non se considerará incumprido o devandito compromiso cando o contrato de traballo se extinga por despedimento disciplinario declarado como procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, nin pola fin do chamamento das persoas con contrato fixo-descontinuo, cando este non supoña un despedimento senón unha interrupción del. En particular, no caso de contratos temporais, o compromiso de mantemento do emprego non se entenderá incumprido cando o contrato se extinga por expiración do tempo convido ou a realización da obra ou servizo que constitúe o seu obxecto ou cando non poida realizarse de forma inmediata a actividade obxecto de contratación.

2. Para a xustificación do mantemento de emprego da obriga da epígrafe anterior deste artigo á persoa ou entidade solicitante comprobarase mediante o informe de vida laboral de código conta cotización que comprenda o período do mes da solicitude e dos seis meses de mantemento do emprego, unha vez cumprido este.

Main project requirements

1. As persoas o entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

- Ter domicilio fiscal en Galicia.
- Que a facturación baixase polo menos a cantidade indicada na epígrafe anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

2. Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %.

3. Dada a natureza extraordinaria, tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria de que derivan e que provocou que a maior parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo II na presente orde:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contando a partir do día en que recibise o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

Investments or eligible costs

--

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Legislative Reference

Orde do 17 de febreiro de 2021 (DOG nº 33 do 18/02/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Information and processing in

Consellería de Emprego e Igualdade

Subdirección Xeral de Emprego

Teléfono: 900815600