Deadline for submitting applications will end on 06/08/2020

CHEQUE AUTÓNOMO SEGUIMOS ADIANTE (TR342B)

Purpose / Objective

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.

Types of support

Subvención sometida ao réxime de minimis en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias:

1. As persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de mutualidade do colexio profesional con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e cumpran os seguintes requisitos:

a) Que non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.

b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % comparando a facturación do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrarán cunha declaración responsable.

c) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentara), que demostrará cunha declaración responsable.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que as persoas traballadoras autónomas societarias non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.

b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % na facturación, comparando a facturacións do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrará cunha declaración responsable.

c) A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 (ou á última declaración presentada) inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades), que demostrará cunha declaración responsable. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens, que demostrará cunha declaración responsable. Que a sociedade teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentase), que demostrará cunha declaración responsable.

3. Quedan excluídos desta orde os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

4. Tanto as persoas traballadoras autónomas como as mutualistas e as sociedades deben ter un período mínimo de actividade de 12 meses inmediatamente anteriores á declaración do Estado de alarma (14 de marzo de 2020), segundo a comprobación de vida laboral para a persoa traballadora autónoma ou alta no IAE para as sociedades.

Amount of aid

1. Axuda a gastos loxísticos e de transporte de envíos da empresa comercializadora de produtos finais ao domicilio das persoas consumidoras finais. A axuda será de de 3 euros por envío contratado con empresas loxísticas externas.

Subvencionarase un máximo de 100 envíos para a persoa autónoma individual. Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, o máximo serán de 150 envíos. Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, os envíos máximos serán 200.

2. Axuda do 100 % dos seguintes gastos da actividade da empresa:

- O pagamento por estar nalgunha plataforma de e-commerce local.

- O pagamento por licenza de uso de software de venta en liña.

- Gastos de publicidade en redes sociais.

- Gastos correntes de seguridade motivadas polo COVID-19 entre os que están, entre outros, os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, anteparos, asesoramento en prevención de riscos laborais.

- Gastos de subministracións e de telecomunicacións.

En todo caso, só serán subvencionables os gastos nos recursos, aplicacións e equipamentos que non teñan a consideración de investimento nos termos sinalados no artigo 4.3 da referida Orde ESS/1924/2016.

3. Axudas máximas:

A axuda máxima para o punto un deste artigo será:

- Para a persoa autónoma individual 300 euros.
- Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 450 euros.
- Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 600 euros.

A axuda máxima para o punto dous deste artigo será:

- Para a persoa autónoma individual 600 euros
- Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 900 euros.
- Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 1.200 euros.

Ambas as axudas son compatibles polo que as axudas máximas do punto un máis do dous deste artigo serán:

- Para a persoa autónoma individual, 900 euros.
- Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, 1.350 euros.
- Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, 1.800 euros.

A axuda máxima será de 1.800 euros.

4. Na solicitude haberá de presentar un proxecto en forma de orzamento feito pola persoa solicitante cos conceptos polos que solicita a axuda, tanto das axudas previstas nos punto un como as do punto dous, e a cantidade que solicita para cada concepto deles.

5. Deberase facer unha declaración responsable co número de persoas traballadoras por conta allea contratados pola empresa.

6. Serán subvencionables os envíos e gastos realizados desde o inicio do estado de alarma o 15 de marzo de 2020 ata o 20 de decembro de 2020

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibility

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos poidan outorgar as administracións públicas.

Legislative Reference

Orde do 26 de xuño de 2020 (DOG Nº133 do 06/07/2020) - Bases reguladoras

Information and processing in

Secretaría Xeral de Emprego
Teléfono: 981545625
Email: autonomos.emprego@xunta.gal


As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Observations

Realizaranse pagamentos anticipados das subvencións reguladas por estas bases.

Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo a actuación subvencionada nos casos en que o gasto aínda non estea realizado. Este pagamento quedará suxeito ás seguintes condicións:

a) Anticiparase ata o 100 % do importe da subvención concedida mediante resolución motivada.
b) As persoas beneficiarias quedarán exoneradas da constitución de garantía.
c) Coa aceptación da subvención realizarase o pagamento anticipado.