Deadline for submitting applications will end on 20/12/2017

INCENTIVOS Á ACTIVIDADE LABORAL VINCULADA ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN (TR349X)

Purpose / Objective

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas polas entidades beneficiarias das subvencións reguladas no capítulo II que superen o compromi¬so de contratación do 60 % do alumnado formado segundo se define no artigo 3.c) desta orde.
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais e temporais que realicen as empresas e as persoas empregadoras con persoas desempregadas participantes nos proxectos de acción formativa con compromiso de contratación, formalizadas ata o 15 de decembro de 2017.

Types of support

Concorrencia non competitiva

Potential beneficiaries

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas polas entidades beneficiarias das subvencións reguladas no capítulo II que superen o compromiso de contratación do 60 % do alumnado formado segundo se define no artigo 3.c) desta orde.
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais e temporais que realicen as empresas e as persoas empregadoras con persoas desempregadas participantes nos proxectos de acción formativa con compromiso de contratación, formalizadas ata o 15 de decembro de 2017.

No capítulo II serán entidades beneficiarias:
1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Para acadar o mínimo de cincuenta persoas traballadoras, poderán ser beneficiarias as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación. Neste caso, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Non poderán ser beneficiarias as empresas ou agrupacións que reducisen o número total de persoas traballadoras nin o número total de persoas traballadoras con contrato indefinido no período dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da subvención, salvo nos seguintes casos:
a) Que tivesen un expediente de regulación de emprego derivado de forza maior nese período.
b) Se non teñen a súa sede social en Galicia, que non reducisen o número total de persoas traballadoras nin o número total de persoas traballadoras con contrato indefinido no período dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude do curso nos seus centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a contratación comprometida por esta axuda supoña a recuperación do nivel de emprego dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda e a contratación indefinida do 20 % do alumnado que inicie o curso.
d) Que a contratación comprometida por esta axuda supoña a recuperación do nivel de emprego dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda e que o compromiso de contratación sexa superior ao 90 %.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, nin as entidades de formación.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Amount of aid

a) Contratación indefinida inicial:

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros. Esta contía incrementarase ata 9.000 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa en que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
2. A contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.
3. Os beneficios establecidos á contratación neste capítulo non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 100 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

b) Incentivos á contratación temporal:

1. Os contratos temporais, agás o contrato en prácticas, incentivaranse cunha axuda de 200 euros por cada mes completo de duración do contrato ata un máximo de 12 men¬sualidades. Esta contía incrementarase en 20 euros mensuais no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa en que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
2. Os contratos en prácticas incentivaranse cunha axuda de 4.000 euros. Esta contía incrementarase en 1.000 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller.
3. Os beneficios establecidos á contratación neste programa non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 100 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da contratación laboral que se produza ao remate da acción formativa, respectando en todo caso o límite máximo de 15 de decembro de 2017. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Excepcionalmente, nos supostos en que a acción formativa remate o 15 de decembro de 2017, de acordo co previsto no artigo 26 desta orde de convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas no capítulo III, finalizará o 20 de decembro de 2017.

Incompatibility

As axudas previstas no capítulo III desta orde para as contratacións son incompati¬bles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públi¬cas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públi¬cos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Legislative Reference

Orde do 7 de febreiro de 2017 (DOG Nº37 do 22/02/2017) - Bases e convocatoria.

Information and processing in

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15871 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544666 / Fax: 981544659