Deadline for submitting applications will end on 31/10/2017

PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN INMEDIATA (TR301P).

Purpose / Objective

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as accións formativas para o em¬prego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desemprega¬das inscritas como demandantes de emprego no SPEG e que inclúan o compromiso de contratación nalgunha das modalidades enunciadas no capítulo III do 60 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa ou tempo equivalente no caso de que a contratación non sexa a xornada completa. Neste último caso, non se admitirán contratos inferiores ás catro horas diarias.

Types of support

O procedemento de concesión das subvencións reguladas neste capítulo será o de concorrencia competitiva, nos termos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Potential beneficiaries

1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Para acadar o mínimo de cincuenta persoas traballadoras, poderán ser beneficiarias as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación. Neste caso, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
Non poderán ser beneficiarias as empresas ou agrupacións que reducisen o número total de persoas traballadoras nin o número total de persoas traballadoras con contrato indefinido no período dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da subvención, salvo nos seguintes casos:
a) Que tivesen un expediente de regulación de emprego derivado de forza maior nese período.
b) Se non teñen a súa sede social en Galicia, que non reducisen o número total de persoas traballadoras nin o número total de persoas traballadoras con contrato indefinido no período dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude do curso nos seus centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a contratación comprometida por esta axuda supoña a recuperación do nivel de emprego dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda e a contratación indefinida do 20 % do alumnado que inicie o curso.
d) Que a contratación comprometida por esta axuda supoña a recuperación do nivel de emprego dos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda e que o compromiso de contratación sexa superior ao 90 %.
2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, nin as entidades de formación.
3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Amount of aid

1. As accións formativas impartidas ao abeiro desta orde serán obxecto de subvención para compensar os custos derivados da súa execución.
2. Os módulos económicos aplicables para os efectos de determinación e xustificación das subvencións destinadas ao financiamento das accións formativas desta convocatoria son os que figuran na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en cada unha das especialidades do ficheiro de especialidades formativas do Servizo Público de Empre¬go Estatal, e non poderán superar os máximos determinados pola Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
3. O importe das accións formativas concretarase no produto de horas do curso polo número de alumnos/as e polo importe do módulo que correspondan á especialidade, salvo no módulo de prácticas non laborais en empresas das accións formativas de especialida¬des conducentes á obtención de novos certificados de profesionalidade, que se financiará con 1,5 euros por alumno/a e hora de prácticas, que se destinarán ao financiamento dos custos da actividade do titor das prácticas.
4. Cando a media do alumnado subvencionado no primeiro cuarto do curso (alumnado liquidable) sexa inferior ao número de alumnos/as incluído na solicitude, o importe máximo da acción formativa reducirase na porcentaxe resultante de multiplicar por tres a diferenza entre o número do alumnado referido na solicitude e a media do alumnado subvencionado do primeiro cuarto.
Para estes efectos non terá a consideración de baixa cando esta se produza por coloca¬ción ou cando un alumno/a, coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, cause baixa nun curso para incorporarse a outro.
5. No caso de cursos que teñan un mínimo de un alumno/a con certificación de discapa¬cidade e a entidade impartidora o solicite expresamente, poderase incrementar o importe subvencionable nos seguintes conceptos:
a) Para persoal de apoio ata un máximo de 9 € por hora lectiva.
b) Para a adaptación curricular ou do material didáctico necesario: pola contía do gasto realmente efectuado.
Para o aboamento deste importe ditarase unha resolución complementaria co importe total dos gastos autorizados por estes conceptos.
6. As subvencións previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras sub-vencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de orga-nismos internacionais.
O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada.

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas no capítulo II (programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación in¬mediata - TR301P) virá determinado polo cronograma de procesos de selección que se establece no número 6 do artigo 20, de tal maneira que a data límite para a presentación de solicitudes en 2017 será o 31 de outubro.

Incompatibility

As subvencións previstas no capítulo II desta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o financiamento das horas de formación procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Legislative Reference

Orde do 7 de febreiro de 2017 (DOG Nº37 do 22/02/2017)- Bases e convocatoria.

Information and processing in

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15871 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545640 / Fax: 981544604