Deadline for submitting applications will end on 30/09/2016

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL (TR349A)

Purpose / Objective

Programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, en especial as persoas mozas desempregadas menores de 30 anos, as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade e as persoas que esgotasen as prestacións por desemprego.

Types of support

Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016.

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Potential beneficiaries

1. As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás os concellos e as deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia para o programa establecido no anexo IV desta orde.

Main project requirements

1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

2. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

3. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.
No caso de que nalgún dos 3 meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

4. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial non poderá ser inferior ao 50% da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

5. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Deadline for submitting applications

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2016, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Incompatibility

Os incentivos establecidos para cada colectivo ou modalidade de contratación recollidos nesta orde son incompatibles entre sí. Para o caso de que unha mesma contratación poida dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que está prevista a subvención, correspóndelle a opción á persoa solicitante.

As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea.

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis.

Legislative Reference

Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG Nº133 do 14/07/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Information and processing in

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 A CORUÑA
Teléfono: 881881582 / 981185893 Fax: 981881581

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 LUGO
Teléfono: 982294385 Fax: 982294258

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 OURENSE
Teléfono: 988386196 / 988386839 Fax: 988386838

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 VIGO
Teléfono: 986817008 / 986817016 Fax: 986817010