Deadline for submitting applications will end on 30/09/2011

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS (TR348)

Purpose / Objective

Favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal.

Types of support

I. Programa de fomento da contratación indefinida inicial (anexo A).

II. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos (anexo B).

III. Programa de incentivos á contratación temporal (anexo C).

Potential beneficiaries

Os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sectors eligible for subsidy

Non poderán concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (CE) 104/2000, do Consello.
b) Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou estados membros, cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e ao funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados
á actividade de exportación.
d) Carbón, segundo se define no Regulamento (CE) 1407/2002.
e) Empresas en crise.

Main project requirements

- Programa de fomento da contratación indefinida inicial

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas desde o 1 de xullo de 2010 ata o 30 de setembro de 2011.

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que se realicen cos colectivos definidos no artigo 2º.1 letras a), b), c), d) e e) desta orde e cos mozos e mozas desempregados con cualificación.

Requisitos:

Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención, ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
No cómputo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se terán en conta as baixas dos traballadores e traballadoras fixas que se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.
As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

- Programa de transformación de contratos temporais en indefinidos.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

As transformacións, que se formalizasen desde o 1 de xullo de 2010 e ata a data de publicación desta orde, de contratos temporais en indefinidos.
b) As transformacións de contratos temporais en indefinidos que se formalicen desde a data de publicación desta orde e ata o 30 de setembro de 2011, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente no momento da súa publicación.
Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos en prácticas, para a formación, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as transformacións de contratos temporais en indefinidos nas seguintes circunstancias:
a) Nas microempresas, as transformacións en indefinidos de calquera modalidade de contrato temporal.
b) Nas restantes empresas, as transformacións en indefinidos de calquera modalidade de contrato temporal sempre que se leve a cabo unha contratación indefinida inicial realizada cun traballador pertencente a un colectivo desfavorecido dos definidos no artigo 2.1º letras a), b), c), d) e) e f) desta orde.
Esta contratación indefinida inicial deberá realizarse entre o 1 de xullo de 2010 e o 30 de setembro de 2011, e, en todo caso, ambas as dúas contratacións deberán realizarse antes da presentación da solicitude de subvención.
Para os efectos do establecido nesta letra b), no caso de mozas e mozos que na data da celebración do contrato temporal que se transforma tiveran 30 ou menos anos de idade, só se poderán transformar os contratos das modalidades en prácticas, para a formación, de revezamento e de substitución por anticipación da idade de xubilación.
c) No caso de persoas desempregadas pertencentes aos colectivos en risco de exclusión social sinalados no artigo 2.1º letra f) desta orde, incentivaranse en todas as empresas, todas as transformacións, calquera que sexa a modalidade do contrato temporal.

Requisitos:

Como consecuencia da contratación indefinida pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación pola que se solicita subvención.
No cómputo do incremento do cadro de persoal fixo non se terán en conta as baixas dos traballadores e traballadoras que se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.
Incentivarase a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorreran menos de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose
todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.
No caso de transformacións de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será tamén a tempo completo excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo.
Nos supostos de transformación de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
No suposto de que a transformación se produza con anterioridade á duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo, na mesma contía, o incentivo
pola transformación do contrato en indefinido.

- Programa de incentivos á contratación temporal.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as modalidades de contratación temporal que, cumprindo os requisitos establecidos neste anexo, se formalizasen desde o 1 de xullo de 2010 e ata o 30 de setembro de 2011.
Serán subvencionables os contratos de interinidade sempre que se realicen con persoas desempregadas de acordo co establecido no artigo 2.2º desta orde, para substituír persoas traballadoras en excedencia por coidado de familiares, nos supostos e termos previstos no artigo 46.3º do Estatuto dos traballadores, por un período non inferior a catro meses nin superior a tres anos, e sempre que en virtude de disposición legal ou convenio colectivo de aplicación se trate dunha excedencia con reserva de posto de traballo, ou con redución de xornada de traballo por motivos familiares nos supostos e termos previstos no artigo 37.5º do Estatuto dos traballadores.
Serán subvencionables todas as modalidades contractuais de carácter temporal, cunha duración mínima de 6 meses, que se realicen con persoas desempregadas que pertenzan a algún dos colectivos relacionados no artigo 2.1º letras e) e f) desta orde.

Amount of aid

- Incentivos á contratación indefinida inicial.

As contratacións indefinidas iniciais realizadas con traballadores que pertenzan a algún dos colectivos definidos no artigo 2.1º letras a), b), c), d) e e) desta orde, incentivaranse cunha axuda de:
6.000 euros, cando a empresa teña no mes de contratación unha taxa de estabilidade igual ou superior á establecida no seu convenio específico ou, no seu defecto, ao 75%.
4.000 euros para as restantes empresas.

As contías establecidas nos parágrafos anteriores desta base graduaranse en atención á concorrencia das seguintes circunstancias:
a) Contratación realizadas con mulleres: incremento dun 10% da subvención que corresponda.
b) Contratacións realizadas por microempresas: incremento dun 25% da subvención que corresponda.
c) Contratacións realizadas por microempresas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural: incremento dun 50% da subvención que corresponda.
d) Contratacións realizadas con persoas desempregadas mozos e mozas con cualificación, e sempre que estes sexan encadradados no grupo de cotización correspondente á súa titulación profesional: a subvención será equivalente ao 50% da subvención que corresponda, á que tamén serán de aplicación os incrementos das letras anteriores.

As contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

-Programa de transformación de contratos temporais en indefinidos:

As transformacións de contratos temporais en indefinidos que cumpran os requisitos e condicions establecidos neste anexo incentivaranse coas seguintes contías:
3.000 euros, cando as transformacións as realice unha empresa que teña no mes da contratación unha taxa de estabilidade igual ou superior á establecida no seu convenio específico ou, no seu defecto, ao 75%.
2.000 euros, nas restantes empresas.
A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

- Programa de incentivos á contratación temporal.

Os contratos temporais formalizados con persoas desempregadas que pertenzan a algún dos colectivos relacionados no artigo 2.1º letra e) e f) desta orde, incentivaranse de acordo coa seguinte escala:

6 meses - 2.520 €
7 meses - 2.940 €
8 meses - 3.360 €
9 meses - 3.780 €
10 meses - 4.200 €
11 meses - 4.620 €
12 meses - 5.040 €

Os contratos de interinidade do punto 2 da base primeira deste anexo que se realicen con persoas desempregadas incentivaranse cunha axuda de 1.800 euros, que se reducirá proporcionalmente cando a súa duración sexa por un período inferior a un ano.

As contías das subvencións establecidas nos puntos 1 e 2 desta base serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2011.

Incompatibility

Os incentivos establecidos para cada colectivo ou modalidade de contratación recollidos nesta orde son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma contratación puidese dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que está prevista a subvención, correspóndelle a opción ao solicitante.

As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60% do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Legislative Reference

Orde do 21 de marzo de 2011 (DOG Nº 61 do 28/03/2011) - Bases e convocatoria 2011

Information and processing in

Nos departamentos da Consellería de Traballo e Benestar, os servizos de promoción do emprego e, na Dirección Xeral de Promoción do Emprego, o Servizo de Apoio á Contratación por Conta Allea.

Tfno. 981 95 77 28

Observations

O prazo para resolver e notificar é de seis meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

Esta axuda está sometida ao réxime de axudas de minimis