Deadline for submitting applications will end on 29/02/2016

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Purpose / Objective

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen ou se vaian formalizar desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive.

Types of support

Axudas en réxime de concorrencia competitiva.

- Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil
- Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Potential beneficiaries

As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037) sempre que, reúnan os seguintes requisitos:

- As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

- Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

-– Non estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

–- Non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarse desde a data de notificación de concesión da resolución da anterior subvención.

-– Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará cando a actividade desenvolvida fose realizada por persoas traballadoras autónomas colaboradoras.

Amount of aid

* Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil.

Co obxecto de axudar as persoas mozas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, poderá concedérselles unha subvención de 1.200 euros ás persoas menores de 30 anos na data da solicitude da axuda que soliciten a alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade profesional, desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.

* Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

1. Poderáselle conceder á persoa desempregada, co obxecto de facilitarlle ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que acredite o requisito de realizar un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2016. No caso da persoa física que estea incluída no réxime especial de recargo de equivalencia, regulado nos artigos 148 e seguintes da Lei do IVE (Lei 37/1992, do 28 de decembro), o IVE non é susceptible de recuperación, polo que se deberá ter en conta para o cumprimento do requisito de investimento mínimo.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

As contías desta subvención serán as seguintes:

- 5.000 euros persoas persoas desempregadas en xeral.

- 8.000 euros home desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

- 10.000 euros muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

No suposto de que as características da persoa desempregada dean lugar á súa inclusión en máis dun colectivo, só será posible aplicar a contía da subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa solicitante. En caso de non exercer esta opción, se entenderá solicitada polo colectivo coa contía superior que quede acreditada na documentación achegada coa solicitude, e no caso de que da documentación achegada inicialmente xunto coa solicitude non quede acreditada a pertenza a ningún colectivo se entenderá que se solicita polo colectivo A deste punto.

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo será de dous meses contados a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Neste suposto, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación desta orde. Se o último día de prazo é inhábil hai entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Incompatibility

Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis.

1. A subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil, é incompatible coa subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia prevista no artigo 8.

A subvención establecida neste programa será incompatible coas establecidas nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade, convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así mesmo, serán incompatibles coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino convocadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como con outras que polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego.

Legislative Reference

Orde do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº 247 do 29/12/2015) - Bases e convocatoria 2016

Information and processing in

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN E DO TRABALLO AUTÓNOMO

SERVIZO DO TRABALLO AUTÓNOMO E APOIO ÁS PERSOAS EMPRENDEDORAS
Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15871 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545625 / 981957590 Fax: 981544678