Deadline for submitting applications will end on 16/07/2010

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DAS CONDICIÓNS DE SEGURANZA E DA INCORPORACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS E MELLORAS AMBIENTAIS NO SECTOR TRANSPORTE

Purpose / Objective

A concesión de subvencións destinadas a fomentar a seguridade, a incorporación de novas tecnoloxías e a aplicación de melloras ambientais no sector do transporte por estrada en Galicia.

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarios das subvencións, as persoas físicas ou xurídicas cuxa actividade sexa o transporte por estrada, tanto de viaxeiros como de mercadorías.

Para ter dereito ás axudas os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritos no Rexistro Xeral de Transportistas do Ministerio de Fomento como titulares de autorizacións de transporte público das clases MDP, MDL ou VD, outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI).

b) Acreditar o cumprimento de calquera das medidas previstas no artigo 1º.3 desta orde.

c) Non estar incursos en ningunha das prohibicións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no momento de presentar a solicitude.

d) Ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, polo menos desde o 1 de xaneiro de 2010, e mantelo ininterrompidamente ata o momento de presentación da solicitud.

Para acceder á subvención, e sen prexuízo dos demais requisitos que poidan resultar desta orde ou da normativa aplicable, as autorizacións axustaranse ás seguintes regras:

a) Unicamente se concederán axudas para aquelas tarxetas e copias das que sexa titular o interesado no momento de presentar a solicitude electrónica e que se inclúan nesta.

b) As copias de autorización para as cales se pida a axuda teñen que estar en vigor o día de presentación da solicitude electrónica, sen que en ningún caso poidan atoparse en situación de suspensión.

Sectors eligible for subsidy

Transporte público por estrada.

Investments or eligible costs

Consideraranse gastos subvencionables calquera dos seguintes:

a) Adquisición de ordenadores e demais material informático necesario para poder utilizar na empresa a sinatura dixital.
Será subvencionable a adquisición dunha ou máis unidades dos equipamentos informáticos seguintes:

-Ordenador persoal, portátil ou de sobremesa.
-Escáner.
-Impresora.
-Lector de tarxetas.

En ningún caso se considerará subvencionable o custo dos programas asociados á instalación deses equipamentos nin ningún outro software, nin tampouco os gastos de instalación, mantemento, asistencia técnica ou similares.

b) Aplicación ou renovación de sistemas de xestión da calidade ou ambientais, certificados de conformidade coas normas ISO, UNE 13816 ou EMAS.

c) Só para os transportistas autónomos, disposición do manual do condutor para a implantación das normas ISO no transporte por estrada.

d) Disposición de vehículos adaptados á normativa europea sobre emisión de gases contaminantes EURO4 ou superior.

e) Disposición de sistemas de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS-GPRS.

f) Aplicación de sistemas de prevención de riscos laborais.

g) Disposición de vehículos que fosen modificados para equipalos con cinto de seguranza en todos os asentos.

h) Disposición de vehículos que fosen modificados para adaptalos para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, considerarase subvencionable unicamente a introdución no vehículo dalgún dos seguintes elementos: rampla de acceso, mecanismos de subida e baixada ou adaptación para cadeiras de rodas dos espazos interiores.

Amount of aid

As axudas distribuiranse en función do número de copias das autorizacións de que sexa titular o interesado o día de presentación da solicitude electrónica.

2. O importe das axudas, segundo a clase de autorización e o número de copias de que dispoña a persoa solicitante, será o seguinte:

a) Por cada copia de autorización MDP, 820 euros.

b) Por cada copia de autorización MDL, 103 euros.

c) Por cada copia de autorización VD para a realización de transporte discrecional, 448 euros.

3. Esta axuda ten o carácter de minimis para os efectos do Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379, do 28 de decembro de 2006).

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 16 de xullo de 2010, incluído.

Incompatibility

As subvencións concedidas de conformidade con esta orde serán compatibles con calquera outra axuda que para a mesma finalidade poidan obter os beneficiarios.

Legislative Reference

Orde do 4 de maio de 2010 (DOG Nº103 do 02/06/2010) - Bases reguladoras

Information and processing in

Poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería: www.cmati.xunta.es

b) Os teléfonos dos Servizos de Mobilidade dos Departamentos Territoriais da CMATI: 881 88 10 03; 982 29 44 21; 988 68 73 06; 886 20 60 02.

c) O enderezo electrónico: mobilidade@xunta.es

O formulario da solicitude de axuda cubrirano e obterano necesariamente os solicitantes a través da aplicación informática inserida na páxina oficial da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/sutran. Nesa web disporase tamén de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes; non obstante, en caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención do formulario, poderán pórse en contacto coa Administración a través dos medios previstos no artigo 19º desta orde.

O formulario poderase cubrir e obter ata as 24 horas do día da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do deber de presentación indicado no número 2 deste artigo, que terá que se efectuar, en todo caso, dentro dese mesmo prazo.

Observations

Esta axuda ten o carácter de minimis