Deadline for submitting applications will end on 30/07/2012

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS RESTAURANTES (TU983I)

Purpose / Objective

Promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Types of support

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos restaurantes nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

Os titulares dos establecementos restaurantes que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.

Será requisito imprescindible, para a concesión destas axudas, que a empresa solicitante teña inscrita, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) a actividade turística para a cal solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.

Sectors eligible for subsidy

Hostalería.

Investments or eligible costs

Consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a continuación:

A.– Mellora nas instalacións dos establecementos restaurantes relativas a:
1. Obras necesarias para acadar condicións de accesibilidade no establecemento e supresión de barreiras físicas ou sensoriais: ramplas de acceso, agarradeiros, ...
2. Obras necesarias para a mellora da sustentabilidade nos establecementos (aforro enerxético, redución da contaminación acústica ou lumínica etc...).
3. Obras de renovación e mellora de cociñas e baños e comedores dos restaurantes.
4. Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se sitúen os establecementos.

B.– Mellora de servizos dos establecementos restaurantes relativas a:
1. Adecuación dos servizos de restauración para accesibilidade das persoas con discapacidade física ou sensorial (renovación ou modificación audioguías, pantallas táctiles ...).
2. Ampliación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión dos establecementos.
Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta orde o mobiliario, a lenzaría, obxectos domésticos, louza e análogos, e a adquisición de terreos.

A mellora subvencionable non poderá supor un incremento superior ao 10% das prazas autorizadas pola Administración turística (e no caso de ter gozado dunha subvención se¬mellante nos últimos cinco anos, non poderá incrementar ningunha praza); no caso de que a mellora implique un incremento superior, presentarase a desagregación orzamentaria do proxecto que reflicta o custo correspondente á creación de cada unha das novas prazas que permita a determinación da contía da subvención.

En ningún caso se financiarán as obras de mantemento do establecemento.

Considérase investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se acometan para a mellora dos establecementos obxecto desta resolución, e igualmente, de ser o caso, a adecuación do contorno, as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura tradicional existentes e os honorarios técnicos.

Están comprendidos nos proxectos de obras e son, polo tanto, subvencionables, todos aqueles bens de equipo que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado etc.). Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as ditas condicións.

Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta resolución o mobiliario, a lenzaría, o enxoval doméstico, a louza e análogos e a adquisición de terreos.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 50.000 euros no caso de contratos de obras, ou igual ou superior aos 18.000 euros cando se trate doutros contratos, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedo¬res con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se inicien e executen a partir do 1 de xaneiro de 2012.

Os proxectos desenvolveranse no territorio de Galicia e financiaranse con cargo a fondos Feder.

Amount of aid

Os proxectos de mellora que se recollen nesta resolución como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 40% sobre o custo elixible Feder, sempre que non se superen os límites máximos de axuda establecidos na normativa aplicable.

Para os efectos de cálculo do investimento subvencionable, os honorarios técnicos de redacción de proxecto e dirección de obra non serán superiores ao 8% do orzamento de execución material subvencionable.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibility

Estas axudas son compatibles con calquera outra para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo elixible da actividade subvencionada. Estas axudas son incompatibles con outras financiadas con fondos europeos.

Os proxectos desenvolveranse no territorio de Galicia e financiaranse con cargo a fondos Feder.

Legislative Reference

Resolución do 22 de xuño de 2012 (DOG Nº124 do 29/06/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Information and processing in

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral para o Turismo, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Secretaría Xeral para o Turismo (www.sxturismo.org).
b) Os teléfonos 981 54 63 79 e 981 54 63 78 e o fax 981 54 63 71 da dita secretaría xeral.
c) Enderezo electrónico axudas.turismo@xunta.es
d) Presencialmente.