Mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos.
Subvención en réxime de concorrencia competitiva.
As entidades do sector pesqueiro, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas entidades son as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector, e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector.
Pesca, marisqueo e acuicultura.
Proxectos obxecto de subvención
1. Poderán ser obxecto de subvención, as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión ou conservación dos recursos, mediante o acondicionamento e rexeneración para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción.
2. Non serán obxecto de subvención as accións que resulten financiables segundo outras liñas de axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar nin os labores habituais de mantemento dos bancos propios da actividade marisqueira ordinaria.
Serán subvencionables os gastos realizados entre o 1.1.2014 e 15.11.2014.
Poderán concederse subvencións para os seguintes gastos, sempre que sexan necesarios para a execución dos proxectos referidos no artigo anterior:
a) Os de contratación de empresas, profesionais ou entidades prestadoras de servizos.
b) Os de adquisición de equipamento e material necesario para desenvolver as accións.
c) Os de adquisición de semente de moluscos, coas seguintes condicións:
- Cando se trate de semente de ameixa procedente de posta inducida, esta non deberá ser maior de 18 mm.
- A ameixa procedente de bancos marisqueiros só se admitirá cando se trate de bancos catalogados como C, e por causas excepcionais suficientemente acreditadas. Non deberá ser maior de 35 mm no caso de ameixa fina ou xaponesa, ou de 30 mm no caso de ameixa babosa. Deberá garantirse unha permanencia no banco de destino de, polo menos, dous meses, ou prazo maior que se estableza na resolución.
- Non se aplicarán as anteriores limitacións no caso de sementeiras para rexeneración de bancos que sufrisen mortalidade masiva, suficientemente acreditada, pero non poderá comercializarse antes do prazo dun ano desde a sementeira.
- En calquera caso, requirirase permiso de inmersión segundo o establecido no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños.
d) Os de redacción de proxecto técnico cando este resulte exixible pola normativa aplicable e sempre que a actuación a que se refira resulte subvencionable.
Non serán subvencionables os gastos relativos a:
a) Alugamentos.
b) Adquisición de terreos e inmobles.
c) Adquisición de material, mobiliario e equipamento de oficina.
d) Adquisición de vestiario e equipamento persoal.
e) Aparellos e materiais de pesca e marisqueo.
f) Gastos de funcionamento, mantemento e conservación dos bens e equipamentos.
g) Gastos de manutención, desprazamento de persoas e representación.
h) IVE, agás nos casos en que se achegue certificado expreso do Ministerio de Facenda na porcentaxe non recuperable del.
i) Modernización ou acondicionamento de maquinaria, instalacións, locais, equipamentos, elementos auxiliares ou calquera outro tipo de ben, comprendidos en proxectos de investimento cuxo financiamento se realizase con axudas públicas, durante os cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude.
A porcentaxe máxima das axudas poderá acadar o 100 % do investimento subvencionable en cada unha das accións, condicionada en todo caso ás dispoñibilidades orzamentarias. A comisión de avaliación poderá limitar a contía dos gastos elixibles que considere non xustificados debidamente no proxecto, tanto canto ao seu número como á súa valoración ou á súa necesidade.
No caso de se presentaren varios proxectos para accións substancialmente idénticas, poderase establecer unha contía de subvención para todas elas, independentemente do importe solicitado.
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Ampliado o prazo de presentación ata o 10/03/2014
A percepción destas axudas poderá ser compatible con calquera outra concedida para a mesma finalidade, sempre que non estea financiada por fondos europeos ou pola Consellería do Medio Rural e do Mar e que o conxunto delas non supere o custo das actividades subvencionadas.
Orde do 30 de decembro de 2013 (DOG Nº15 do 23/01/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014
Resolución do 11 de febreiro de 2014 (DOG Nº35 do 20/02/2014) - Ampliación do prazo de presentación
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981547479 Fax: 981546138
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Por resolución motivada do órgano concedente, e logo de solicitude dos interesados, poderá autorizarse un anticipo de ata un 50 % da subvención prevista para a anualidade naqueles casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos. Os pagamentos anticipados están suxeitos á prestación de garantía nos termos sinalados no artigo 24.