Deadline for submitting applications will end on 26/02/2018

MR361A - AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITÍCOLAS

Purpose / Objective

Axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

1. Poderán ser beneficiarios da medida de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos incluídos no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

d) As organizacións interprofesionais.

2. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013.

3. Os solicitantes das axudas deberán ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os cales se solicita a axuda, dedicadas á produción dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013, salvo nos casos de proxectos de comercialización desvinculados fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutro Estado membro, nos cales o requisito exixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio social en Galicia.

4. Os ditos investimentos referiranse á produción, comercialización ou ambas as dúas dos produtos vitivinícolas mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013, e que se producisen en territorio español.

Sectors eligible for subsidy

Vitivinícola

Investments or eligible costs

1. Serán admisibles as operacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que axuden a acadar polo menos un dos obxectivos estratéxicos seguintes:

a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.

b) Fomentar a sustentabilidade integral das industrias nos seus ámbitos económico, social e ambiental.

c) Fomentar os procesos sustentables desde o punto de vista medioambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.

d) Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.

e) Fomentar a produción ecolóxica.

f) Fomentar os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.

g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.

h) Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.

i) Fomentar os investimentos en comercialización.

j) Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.

k) Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (industria conectada 4.0).

Para a consecución dos ditos obxectivos estratéxicos, en cada operación deberán identificarse un ou varios dos obxectivos xerais cuxa relación non exhaustiva se presenta no anexo I. No suposto de que algún dos obxectivos xerais dunha operación concreta non se encontre recollido nesta relación, o dito obxectivo deberá ser especificado polo solicitante.

2. Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles,

b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto,

c) Custos xerais vinculados aos gastos determinados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento.

d) A adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e a adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

Amount of aid

1. As axudas teñen a natureza de subvencións de capital e poderán acadar as porcentaxes máximos de axuda do investimento subvencionable indicadas no número seguinte, establecidas segundo a tipoloxía da empresa solicitante.

Microempresas, pequenas e medianas empresas - 40 %
Empresas non pemes con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 millones de euros - 20%
Empresas non pemes con 750 ou máis empregados e cuxo volume de negocios sexa igual ou superior a 200 millones de euros - 10%

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde.

Legislative Reference

Orde do 28 de decembro de 2017 (DOG Nº19 do 26/01/2018) - Bases reguladoras e convocatoria 2018

Information and processing in

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

SECRETARÍA XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA

Servizo de Industrialización e Comercialización
Avenida do Camiño Francés, 10
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981540025