Deadline for submitting applications will end on 06/09/2012

AXUDAS A EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS, INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS E DE XESTIÓN DE SUBPRODUTOS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE TÉCNICA DE XESTIÓN DE SUBPRODUTOS DE ORIXE ANIMAL

Purpose / Objective

Axudas a pequenas e medianas empresas agrarias, industrias agroalimentarias e establecementos Sandach, para a mellora da xestión técnica dos Sandach segundo as condicións, finalidades e obxectos establecidos nos capítulos II, III, IV e V do Real decreto 1178/2008, do 11 de xullo, que se corresponden con catro liñas de axuda:

a) Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias.
b) Axudas a industrias agroalimentarias.
c) Axudas ao almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos.
d) Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos.

Estarán excluídas da concesión do presente réxime de axudas as empresas que operen no sector da pesca e acuicultura, así como os subprodutos da pesca e da acuicultura.

Types of support

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva, establecéndose 4 liñas de axuda:

1.- Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias (MR521A)
2.- Axudas ás industrias agroalimentarias. (MR521B)
3.- Axudas a establecementos Sandach de almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos. (MR521C)
4.- Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos. (MR521D)

Potential beneficiaries

* Axudas a pequenas e medianas empresas agrarias:

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles titulares de explotacións gandeiras que cumpran os seguintes requisitos:

a) Pequenas e medianas empresas

b) Non entrar dentro da categoría de empresa en crise, de acordo co disposto nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).

c) Ter en vigor un seguro de retirada de gando morto ou un contrato cun xestor autorizado de subprodutos segundo a lexislación vixente.

d) Estar ao día das obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa comunidade autónoma que correspondan, conforme a normativa vixente.

e) Estar inscritas no Rexistro de Explotacións Gandeiras, así como dispor do correspondente libro de explotación actualizado.

f) Deberá acreditar o cumprimento das normas ambientais de aplicación, en particular, as relacionadas coa xestión dos Sandach xerados na empresa. Non se concederán axudas a aqueles solicitantes que fosen sancionados por incumprimento do número 20 do artigo 84 ou ben do número 12 do artigo 85 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal nos dous anos anteriores á data de publicación da orde de axudas, contados desde que a resolución acadase firmeza en vía administrativa, e non adoptasen, como moi tarde nos dous meses posteriores á data de publicación desta orde, as medidas correctoras dos defectos que orixinaron o expediente sancionador ou as impostas como obrigas na resolución deste, o que será comprobado polos servizos de inspección competentes.

g) Deberá acreditar o cumprimento da normativa aplicable en materia de benestar animal, recollida no Real decreto 348/2000, do 10 de marzo.

h) Deberá acreditar o cumprimento da normativa sanitaria establecida no Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos.

2) Comprometerse a manter os investimentos novos subvencionados durante un período de 5 anos e, no caso de contedores novos, 3 anos, contados en ambos os casos a partir da data de concesión da axuda. No caso de incumprimento, o beneficiario deberá reintegrar ao Tesouro Público o importe da axuda obtida e os xuros correspondentes, salvo que a Aministración concedente outorgue a autorización nos termos previstos polo artigo 31.5º.b) da Lei 38/2003.

* Axudas a industrias agroalimentarias

a) Estar autorizadas pola autoridade competente e rexistrados, segundo proceda, de acordo coa seguinte clasificación:

1º. No caso de empresas agroalimentarias dedicadas á fabricación, elaboración, transformación, envase, distribución e almacenamento de produtos alimenticios, estaren inscritas no Rexistro de Empresas Alimentarias (RXSA) de acordo co establecido no Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro sanitario de alimentos.

2º. No caso de matadoiros, ademais, deberán estaren inscritos no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega) conforme o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo.

3º. En todos os casos as industrias deberán estar inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias ou de Actividades Catalogables cando sexa preceptivo.

b) Estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa comunidade autónoma que correspondan, conforme a normativa vixente.

c) Cumprir as normas en materia de ambiente, en particular, as relacionadas coa xestión dos subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano xerados na súa empresa. Non se concederán axudas a aqueles solicitantes que fosen sancionados por incumprimento do número 20 do artigo 84 ou ben do número 12 do artigo 85 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, nos dous anos anteriores á data de publicación da orde de axudas, contados desde que a resolución acadase firmeza en vía administrativa, e non adoptasen, como moi tarde nos dous meses posteriores á data de publicación desta orde, as medidas correctoras dos defectos que orixinaron o expediente sancionador ou as impostas como obrigas na resolución deste, o que será comprobado polos servizos de inspección competentes.

d) Non estar dentro da categoría de empresa en crise, segundo o disposto nas Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).

e) No caso das axudas recollidas na letra b) do artigo 7 desta orde, deberá presentar unha memoria técnica, elaborada por un titulado universitario nunha disciplina de contido agrario ou industrial onde se expoña claramente o conxunto do proxecto, a súa viabilidade e a súa repercusión no medio onde se desenvolva. En particular, deberá xustificar:

1º. O carácter innovador do proxecto e as posibilidades de xestión e valorización dos subprodutos procesados.

2º. Natureza dos subprodutos que se van xestionar e exposición razoada das dificultades específicas de xestión que presenten.

f) Presentar unha declaración, escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, segundo o modelo que se sinala no anexo VI desta orde.

2) Comprometerse a manter os investimentos novos subvencionados durante un período de 5 anos, contados a partir da data de concesión da axuda. No caso de incumprimento, o beneficiario deberá reintegrar ao Tesouro público o importe da axuda obtida e os xuros correspondentes, salvo que a Aministración concedente outorgue a autorización nos termos previstos polo artigo 31.5º.b) da Lei 38/2003.

Sectors eligible for subsidy

-Explotacións agrarias.
-Industria agroalimentaria.
-Establecementos de xestión de Sandach.

Exclúense as empresas que operen no sector da pesca e acuicultura, así como os subprodutos da pesca e da acuicultura.

Main project requirements

-Liña 1: Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias

a) Deberá acreditar o cumprimento das normas ambientais de aplicación, en particular, as relacionadas coa xestión dos Sandach xerados na empresa. Non se concederán axudas a aqueles solicitantes que fosen sancionados por incumprimento do número 20 do artigo 84 ou ben do número 12 do artigo 85 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal nos dous anos anteriores á data de publicación da orde de axudas.

b) Deberá acreditar o cumprimento da normativa aplicable en materia de benestar animal, recollida no Real decreto 348/2000, do 10 de marzo.
c) Deberá acreditar o cumprimento da normativa sanitaria establecida no Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos.

-Liña 2: Axudas ás industrias agroalimentarias.

a) No caso das axudas recollidas na letra b) do artigo 7 desta orde, deberá presentar unha memoria técnica, elaborada por un titulado universitario nunha disciplina de contido agrario ou industrial onde se expoña claramente o conxunto do proxecto, a súa viabilidade e a súa repercusión no medio onde se desenvolva.

b) Presentar unha declaración, escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, segundo o modelo que se sinala no anexo VI desta orde.

c) Comprometerse a manter os investimentos novos subvencionados durante un período de 5 anos, contados a partir da data de concesión da axuda. No caso de incumprimento, o beneficiario deberá reintegrar ao Tesouro público o importe da axuda obtida e os xuros correspondentes, salvo que a Aministración concedente outorgue a autorización nos ter¬mos previstos polo artigo 31.5º.b) da Lei 38/2003.


-Liña 3: Axudas a establecementos Sandach de almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos.

a) Presentar unha memoria técnica valorada, elaborada por un titulado universitario en disciplina de contido agrario ou industrial, onde se expoña claramente o conxunto do proxecto, a súa viabilidade e a repercusión no medio onde se desenvolva.


b) O beneficiario presentará unha declaración, escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, segundo o modelo que se sinala no anexo VI desta orde.

c) Comprometerse a manter os investimentos novos subvencionados durante un período de 5 anos, contados en ambos os casos a partir da data de concesión da axuda.

-Liña 4: Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos.

a) Presentar unha memoria técnica valorada, elaborada por un titulado universitario en disciplina de contido agrario ou industrial onde se expoña claramente o conxunto do proxecto, a súa viabilidade e a repercusión no medio onde se desenvolva.

b) O beneficiario presentará unha declaración, escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, segundo o modelo que se sinala no anexo VI desta orde.

c) Comprometerse a manter os investimentos novos subvencionados durante un período de 5 anos contados a partir da data de concesión da axuda.

Investments or eligible costs

-Liña 1: Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias

1. Construción, adquisición ou arrendamento con opción de compra de dispositivos de almacenamento e categorización de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano xerados na explotación, distintos dos animais mortos na explotación gandeira, e que se atopen no ámbito de aplicación do Regulamento (CE) nº 1774/2002, do 3 de outubro.

2. Construción, adquisición e mellora de equipamentos para a mellora das condicións ambientais ou de bioseguranza en relación co almacenamento e categorización de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, así como os custos indirectos relacionados con estes investimentos, incluíndo a modificación das estruturas xa existentes mediante o seu cambio de localización, cerramento ou aplicación de dispositivos que permitan a súa manipulación desde o exterior da explotación.

3. Primeira adquisición de contedores ou dispositivos equivalentes para o almacenamento previo á retirada de cadáveres de animais mortos na explotación gandeira.

4. Modernización dos sistemas de almacenamento de cadáveres preexistentes, incluíndo a adquisición de novos contedores ou a súa dotación con dispositivos de refrixeración. Para os efectos deste número enténdese como modernización a substitución de contedores de material plástico por outros metálicos, a adquisición de contedores dotados de tapón de desaugamento que facilite a limpeza cando o contedor preexistente careza deste, ou a adquisición de contedores de capacidade notablemente superior á dispoñible ata ese momento, así como a adquisición de conxeladores de clase enerxética A ou superior cando os dispoñibles na explotación non sexan desa categoría.
A axuda á adquisición de novos contedores para un mesmo gandeiro que xa dispón destes dispositivos admitirase cando a explotación aumentase significativamente a súa capacidade produtiva ou constituíse outra unidade produtiva separada da anterior que aínda non dispoña destes dispositivos.
Non se admiten, en calquera caso, os simples investimentos substitutivos.

5. Construción de comedeiros de aves, de acordo cos requisitos de localización e autorización recollidos no Real decreto 664/2007, do 25 de maio, polo que se regula a alimentación de aves rapaces necrófagas con subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

-Liña 2: Axudas ás industrias agroalimentarias.

a) Construción, adquisición e mellora de equipamentos para a mellora das condicións ambientais e/ou de bioseguranza en relación coa separación, o almacenamento e a categorización de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, así como os custos indirectos relacionados con estes investimentos.

b) Realización de proxectos innovadores para a implantación de sistemas de xestión de subprodutos de orixe animal que:

1º. Cumpran os requisitos establecidos polo artigo 3 do Regulamento 1774/2002, do 3 de outubro.

2º. Estean destinados especificamente á xestión de subprodutos de orixe animal con dificultades específicas de xestión como subprodutos, con alto contido en humidade, plumas, cascas de ovo, la ou outros subprodutos de orixe animal segundo a definición dada polo Real decreto 1178/2008, no artigo 2.2º.

c) Adopción de sistemas de aproveitamento enerxético baseados na utilización de subprodutos de orixe animal, mediante o aproveitamento directo na propia industria agroalimentaria.

-Liña 3: Axudas a establecementos Sandach de almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos.

a) Construción de plantas intermedias que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 do Regulamento (CE) nº 1774/2002, do 3 de outubro, especificamente destinados ao almacenamento de gando morto, ou ampliación de estruturas xa existentes de forma que se mellore significativamente a súa capacidade de xestión.

b) Construción de plantas intermedias, que presten servizos en común ou racionalicen a xestión de certo tipo de subprodutos diferentes dos animais mortos nas explotacións gandeiras nunha zona determinada, ou ampliación de estruturas xa existentes de forma que se mellore significativamente a súa capacidade de xestión.

-Liña 4: Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos.

a) Realización de proxectos innovadores para a implantación de sistemas de xestión de subprodutos de orixe animal, agás os procedentes da pesca e a acuicultura:

1º. Que cumpran os requisitos establecidos polo artigo 3 do Regulamento (CE) nº 1774/2002, do 3 de outubro.

2º. Que estean destinados especificamente á xestión de subprodutos de orixe animal con dificultades específicas de xestión segundo os define o artigo 2.2 do Real decreto 1178/2008.

b) Adopción de sistemas de aproveitamento enerxético baseado na utilización de Sandach ou ampliación de estruturas xa existentes,

c) Implantación de instalacións para compostaxe de Sandach, ou ampliación de estruturas xa existentes.

d) Diversificación da actividade cara ao procesamento de subprodutos de categoría 2, cumprindo os requirimentos previstos pola lexislación vixente.

Nas liñas 2, 3 e 4, a axuda non poderá repercutirse total ou parcialmente sobre os produtores primarios.

En todas as liñas, os investimentos subvencionables teñen que ser realizados con posterioridade á data de presentación da solicitude.

Amount of aid

* Axudas a pequenas e medianas empresas agrarias

A contía máxima total por beneficiario non superará os 6.000 euros, e en ningún caso superará o 75 por cento dos investimentos subvencionables nas rexións desfavorecidas ou nas zonas indicadas no artigo 36, letra a), incisos i), ii) e iii), do Regulamento (CE) nº 1698/2005, e o 60 por cento destes noutras rexións.

* Axudas a industrias agroalimentarias

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo día ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Incompatibility

As subvencións previstas nesta orde serán compatibles con calquera outra que, para a mesma finalidade e obxecto, puideren establecer outras administracións públicas ou ou¬tros entes públicos ou privados, nacionais e internacionais.

Non obstante, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalida¬de por todas as administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada beneficiario supere o custo de toda a actividade que vaia desenvolver para o período de que se trate, dará lugar á redu¬ción proporcional que corresponda no importe das subvencións reguladas nesta orde, ata axustarse a ese límite.
Se aínda así a suma de subvencións supoñen unha intensidade da axuda superior aos máximos establecidos nesta orde ou na normativa estatal ou comunitaria aplicable, redu¬cirase ata o devandito límite. Especificamente, as axudas previstas no capítulo II axusta¬ranse ao establecido no artigo 19 do Regulamento (CE) nº 1857/2006, do 15 de decembro.

Ademais, as axudas a industrias agroalimentarias e plantas de transformación de subprodutos están sometidas ao réxime de mínimis, polo que o importe das axudas establecidas das liñas 2, 3 e 4, sumado a outras axudas de mínimis recibidas polo beneficiario non superará o importe de 200.000 euros nun período de tres anos fiscais.

Legislative Reference

Orde do 30 de xullo de 2012 (DOG Nº149 do 06/08/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Information and processing in

Dirección Xeral de Produción Agropecuaria-Consellería do Medio Rural e do Mar
Edif. Admtvo. San Caetano, s/n - 15781 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 544 77
dxpa.mrural@xunta.es

Observations

Unha vez realizados os investimentos previstos, os interesados deberán xustificalos como máximo ata o 30 de decembro do ano da convocatoria da axuda.