Deadline for submitting applications will end on 14/02/2015

MR606A - CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Purpose / Objective

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2014

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

a) Ser Microempresas do sector forestal radicadas en Galicia.

b) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

- Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe.
- Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).
- Amortizacións máis beneficios superiores á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).
- Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
- Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

c) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a el), e unha declaración responsable do beneficiario de que a empresa cumpre coa normativa ambiental,

d) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de ser o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

f) Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente.

Sectors eligible for subsidy

Forestal

Investments or eligible costs

Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se pretendan subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.

*Investimentos en activos fixos produtivos

1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).

2. Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, en que se subvencionará o diferencial de custo. Para tal fin a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados polas substitucións mediante unha memoria.

3. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:

a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.

b) Maquinaria específica, apeiros e utensilios que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.

c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.

d) Equipamentos de seguridade.

e) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e utensilios.

f) Equipos tractocargadores completos e os seus utensilios forestais (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitándose o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipamento).

g) Rozadoras, en número non superior ao dos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.

h) Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa, e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipamentos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará máis dunha góndola por empresa.

i) Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.

k) Equipos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa, descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.

* Plans e ferramentas de xestión empresarial

Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico, seguimento, certificación e execución de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:

1) Consecución e actualización de licenzas para parques intermedios.

2) Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade e mantemento.

3) Certificación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial necesarios para a realización da actividade.

Amount of aid

1. Os investimentos en bens de equipamento, recollidos no artigo 3, terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.

Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 4 subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

2. A axuda máxima por solicitante limitarase a 100.000 euros.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como última día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibility

As axudas serán incompatibles con calquera outra destinada para os mesmos fins que teña fondos comunitarios. Serán compatibles con outras con fondos non comunitarios ata un máximo de subvención global do 50 % do custo do investimento.

Legislative Reference

Orde do 30 de decembro de 2014 (DOG Nº8 do 14/01/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2015

Information and processing in

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

SECRETARIA XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS

SERVIZO DE FOMENTO FORESTAL
San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981546077 Fax: 981546101

Observations

O prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2013 e o 31 de maio de 2014, segundo a anualidade que corresponda.