Deadline for submitting applications will end on 27/06/2013

AXUDAS Á CREACIÓN E MELLORA DE EMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Purpose / Objective

Axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais que sexan pemes, pero non teñan a condición de microempresa.

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia competitiva

Potential beneficiaries

Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser peme (pequena e mediana empresa) do sector forestal radicada en Galicia e non ter a condición de microempresa. Microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

b) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe del.
– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
– Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
– Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
– Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

c) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a el) e unha declaración xurada do beneficiario de que a empresa cumpre coa normativa ambiental.

d) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros.

Sectors eligible for subsidy

Forestal

Investments or eligible costs

1. Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se subvencionen deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.

2. Os investimentos subvencionables son os seguintes:

a) Investimentos en activos fixos produtivos.
Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, Cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).

Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:

1º Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.
2º Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: esteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.
3º Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
4º Equipamentos de seguridade.
5º Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos.
6º Equipamentos tractocargadores completos e implementos forestais deles (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque foresta de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitándose o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipamento).
7º Rozadoras, en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.
8º Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipamentos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará máis dunha góndola por empresa.
9º Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.
10º Equipamentos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa,
descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.
b) Plans e ferramentas de xestión empresarial.

Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico, seguimento, certificación e execución de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:

1º Consecución e actualización de licenzas para parques intermedios.
2º Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade e mantemento.
3º Preparación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

Amount of aid

Os investimentos en bens de equipamento, recollidos no artigo 2.2.a), terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.

Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 2.2.b) subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

A axuda máxima por solicitante limitarase a 100.000 euros.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Legislative Reference

Orde do 16 de maio de 2013 (DOG Nº99 do 27/05/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013.

Information and processing in

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.


Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
San Lázaro, s/n - 15703 Santiago
Teléfono: 981 54 61 12 / 981 54 60 70

Observations

O prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2013 e o 31 de maio de 2014, segundo a anualidade que corresponda.