Deadline for submitting applications will end on 17/07/2017

MELLORA DA IMAXE, ACONDICIONAMENTO E MODERNIZACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS RETALLISTAS (IN201H)

Purpose / Objective

Subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas.

Types of support

Subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
– Que estea dada de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.
– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas: as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2 número 18 do Regulamento (CE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26.6.2014, L 187/1); nin aqueles que tendo sido beneficiarios do procedemento IN201H, renunciasen a el ou perdesen o dereito ao cobramento total da subvención.

Sectors eligible for subsidy

Epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

Main project requirements

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19:
- Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo.
En concreto, considéranse gastos subvencionables:
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para odesenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000 € (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 15.000 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.
O investimento máximo subvencionable ampliarase ata 2.000 € para atender os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto técnico de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10 % do investimento total solicitado.

- Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento comercial.
En concreto considéranse gastos subvencionables:
a) As obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o Desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
Para o conxunto das actuacións relacionadas na alínea a) do punto 3.2, o investimento máximo subvencionable será de 60 € (IVE excluído) por metro cadrado da superficie de exposición e venda do local comercial e o investimento mínimo do conxunto das actuacións subvencionables, de 3.000 € (IVE excluído), no caso de que a superficie de exposición e venda sexa igual ou superior aos 50 metros cadrados. Nos establecementos comerciais cunha superficie de exposición e venda inferior a 50 metros cadrados o investimento mínimo do proxecto subvencionable non poderá ser inferior a 1.500 € (IVE excluído).
O investimento máximo para o conxunto das actuacións é de 9.000 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 40 % do investimento máximo subvencionable.

-Servizos dun xestor de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Commerce que se vai desenvolver en
colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2017.

Non se consideran gastos subvencionables:
– As obras ou actuacións en probadores, cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.
– Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
– A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
– A adquisición de materiais ou outros elementos para a realización das obras por parte do propio solicitante.
– A adquisición de bens usados, de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda posterior ao público e de expositores de carácter temporal ou de uso exclusivo en campañas promocionais.
– A adquisición de televisores e reprodutores de son ou imaxe.
Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibility

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administración ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1).

Legislative Reference

ORDE do 1 de xuño de 2017 (DOG Nº113 do 15/06/2017) - Bases reguladoras e convocatoria 2017

Information and processing in

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Edificio Administrativo San Caetano, 3ª planta
15071 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981545525 / 981545507

Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal

Información web: http://ceei.xunta.gal/portada