Deadline for submitting applications will end on 04/06/2021

SUBVENCIÓNS PARA A IMPLANTACIÓN E O PULO DA ESTRATEXIA DIXITALIZACIÓN E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL (CO300C)

Purpose / Objective

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Types of support

Subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis.

Potential beneficiaries

Poderán ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que en todo caso cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise.

Sectors eligible for subsidy

Comercio retallista e Artesanía

Required qualifications do proxecto

Os criterios de avaliación que servirán de base para determinar a contía e a preferencia na concesión das subvencións, relacionados por orde decrecente, serán os seguintes:

a) Por exercer a actividade nun municipio rural:
De menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.
De 5.000 habitantes ata 10.000 habitantes: 1 punto.
b) Por exercer a actividade comercial nun concello fusionado: 2 puntos.
c) Por exercer a actividade comercial nalgún concello polo que transcorra algún dos camiños de Santiago: 2 puntos.
d) Por ter o domicilio social nun concello adherido ao convenio coa Fegamp Doing business: 2 puntos.
e) Por contratar con provedores de empresas de inserción social nos últimos 3 anos ou ser titular ou ter no cadro de persoal persoas empregadas con capacidades diferentes ou por ter implantada algunha medida de responsabilidade social na xestión da actividade artesanal ou comercial: 2 puntos.
f) Por estar adherido ao programa do e-ticket dixital posto en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio: 2 puntos.
g) Por ser a persoa beneficiaria, ou a persoa representante da persoa xurídica beneficiaria, un/ha mozo/a, de idade igual ou menor de 30 anos: 1 punto.
h) Por ser a persoa titular do obradoiro ou establecemento comercial ou a representante da sociedade unha muller: 1 punto.
i) Por estar adherida ao sistema arbitral de consumo con carácter indefinido: 1 punto.
j) Pola achega completa da documentación xunto coa solicitude sen necesidade de requirimento posterior: 1 punto.

No caso de comerciantes retallistas que non posúan establecemento comercial aberto, para os efectos das alíneas a), b) c) e d) considerarase como municipio de exercicio e desenvolvemento da súa actividade aquel onde radique o domicilio social.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, o desempate realizarase seguindo a puntuación acadada nas diferentes epígrafes por orde decrecente.

No suposto de que persista o empate, atenderase á data e hora de presentación das solicitudes.

Investments or eligible costs

Consideraranse subvencionables as actuacións previstas no artigo 4, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2020 ata o 29 de outubro de 2021

1. Liña de dixitalización comercial:
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

Considéranse actuacións subvencionables de dixitalización comercial:

a) Pulo á transformación dixital: implantación e actualización de páxinas web con venda en liña e implantación e actualización de webs comerciais.

As páxinas web deberán ter as seguintes características técnicas:
- Ter o protocolo de transferencia de datos https.
- Estar optimizadas para SEO.
- Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código e claves da web.
- Estar adaptadas a todos os dispositivos móbiles.
- Dispor de fotos de calidade profesional cun peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp.
- Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente, ligazóns ás redes sociais da empresa.
- Ter instalada e configurada unha ferramenta de analítica para o coñecemento do tráfico da páxina web.

No caso de web con acceso tenda en liña, ademais dos previstos anteriormente para a páxina web, deberá:
- Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.
- Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % das referencias de que dispón na tenda física.
- Ter pasarela de pagamento.

As páxinas web deberan cumprir as seguintes consideración legais en materia de información:
No caso de implantación de páxinas web con venda en liña, estas deberán cumprir coas obrigas legais que en materia de información establece a normativa vixente.

Así mesmo, deberán cumprir cos requisitos exixidos na Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias.

Deberán ter en conta, ademais, o establecido no Regulamento da UE 524/2013 do Parlamento Europeo e Consello,sobre resolución de litixios en liña en materia de consumo.

Todo isto sen prexuízo do cumprimento das demais disposicións vixentes que en materia de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico e de defensa dos consumidores lles sexan de aplicación.

b) Optimización e axilización dos procesos comerciais: implantación de ferramentas de xestión e de sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e de software adecuados ás necesidades da empresa, así como as tabletas asociadas con esta actuación.

c) Actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de marketing 4.0, na internet ou utilizando novas tecnoloxías:

A Introdución de ferramentas de marketing 4.0:
- Instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo.
- Ferramentas para ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor: produtos 3D, ferramentas de realidade aumentada ou escaparates e probadores virtuais.
- Chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.

A mellora da imaxe dixital: imaxes e contidos audiovisuais para a promoción do produto, cartelaría dixital.

A publicidade dixital.

Os servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager), máximo once meses dentro do período subvencionable.

d) Actuacións de comercialización dixital.

A participación en eventos efémeros ou feiras dixitais, de carácter comercial ou artesanal, nacionais ou estranxeiros.

e) Loxística e-commerce.

Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora, realizados por un operador loxístico externo.

f) Loxística e-commerce sustentable no quilómetro cero.

Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora, realizados no quilómetro cero, con transporte sustentable (eléctrico/bicicleta).


2. Adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais.

Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso, en concreto:

Maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, que melloren o deseño e calidade do produto final.

3. Non se consideran gastos subvencionables:

a) A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e terminais ou lectores de TPV.

b) A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns e a adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais.

c) A adquisición de materia prima da actividade artesanal.

d) Os investimentos destinados a locais para uso da actividade artesanal. Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionados coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Amount of aid

1. Liña de dixitalización comercial:

A porcentaxe de subvención será o 80 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables:

a) Deseño e implantación de páxinas web e web con venda en liña:
- Para a implantación de páxinas web con venda en liña, 4.000,00 euros (IVE excluído).
- Para a implantación de páxina web, 1.000,00 euros (IVE excluído).
- Para a actualización de páxina web, 800,00 € (IVE excluído).

Non será compatible a solicitude de actuacións de implantación de páxinas web coas de mellora.

b) Para a implantación de ferramentas de xestión, 3.000,00 euros (IVE excluído), e para as tabletas o investimento máximo subvencionable é de 300 euros (IVE excluído).

c) Para as actuacións de comunicación, publicidade e marketing 4.0 en internet ou utilizando novas tecnoloxías, 16.000,00 euros (IVE excluído) para o conxunto de todas as actuacións, cos seguintes límites:
- Actuacións de mellora de imaxe comercial dixital, 4.000 euros e publicidade en medios dixitais, 2.000 euros (IVE excluído).
- Marketing 4.0 en internet ou utilizando novas tecnoloxías, 6.000 euros.
- Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager), 4.000 euros (IVE excluído).

d) Para a participación en eventos efémeros ou feiras dixitais, 1.000 euros (IVE excluído).

e) Para a loxística e-commerce, o investimento máximo será de 1.000 euros (IVE excluído).

f) Para a loxística e-commerce sustentable, no quilómetro cero, o investimento máximo será de 1.000 euros (IVE excluído).

O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización será de 26.300 euros (IVE excluído).

2. Adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.
Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000 euros (IVE excluído) e a porcentaxe de subvención será o 80 %.

Deadline for submitting applications

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

Incompatibility

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou de calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra da mesma ou distinta consellería, para os mesmos conceptos subvencionables e mesma persoa beneficiaria.

Legislative Reference

Orde do 19 de abril de 2021 (DOG Nº83 do 04/05/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Information and processing in

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código CO300C, poderase obter información a través dos seguintes medios:

1. Na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal

2. Na páxina web oficial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.

3. Nos teléfonos 981 54 55 25, 981 54 55 48, 981 54 55 57 ou 981 54 59 15 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Observations

O solicitante poderá solicitar o pagamento anticipado, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de ata un 50 % da subvención concedida, coa obriga de constituír garantía no caso de subvencións superiores a 18.000 euros, nos termos previstos a continuación.