Deadline for submitting applications will end on 31/12/2015

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN - PROGRAMA BONOS DE INNOVACIÓN (IN851B)

Purpose / Objective

O obxectivo das axudas reguladas nestas bases é incentivar a participación de pemes galegas en programas de I+D+i nacionais e internacionais a través da concesión de bonos para o financiamento da contratación de empresas, previamente homologadas pola Axencia Galega de Innovación e adheridas como axentes intermedios ao Programa, para a preparación das súas propostas.

Entre os programas internacionais para os cales se poderán solicitar estas axudas cabe destacar FP7, CIP, bilaterais, multilaterais, EEA Grants, Eurostars e outras iniciativas ao amparo dos artigos 169 e 171 do Tratado CE, así como os novos programas a partir do ano 2014 como Horizon 2020. Os programas nacionais de I+D+i a que vai destinado este programa deberán ser proxectos de tipo colaborativo e estar orientados ao tecido empresarial.

Types of support

Incentivo directo a fondo perdido.

Potential beneficiaries

As pemes, segundo a definición do anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008. Estas pemes deberán ser galegas ou ter centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades de preparación da proposta nacional ou internacional para a cal soliciten o bono de innovación. Ademais, tamén deberán levar a cabo en Galicia, de forma maioritaria, as que teñan asignadas no plan de traballo do proxecto nacional ou internacional cuxa solicitude se prepara co bono solicitado.

Sectors eligible for subsidy

Estas pemes poderán pertencer a calquera sector de actividade coas excepcións e limitacións incluídas no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis a que está suxeito este réxime de axudas do Programa de bonos de innovación (DOUE núm. L379/5, do 28 de decembro.

Non se poderán conceder as axudas recollidas nesta orde de convocatoria ás empresas recollidas no artigo 1.1 do dito Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, como as dos sectores da pesca e acuicultura, produción primaria, produtos agrícolas e do sector do carbón.

Main project requirements

* Modalidades

Segundo o ámbito de aplicación diferenciaranse dous tipos de incentivos ou bonos:

– Bonos nacionais: para a preparación de propostas a convocatorias nacionais de proxectos de I+D+i en cooperación que deberán ser seleccionadas para o seu financiamento polo organismo nacional a que se presentaron e non contar a dita convocatoria nacional co cofinanciamento autonómico.

– Bonos internacionais: para a preparación de propostas a convocatorias internacionais de I+D+i que deberán obter unha boa valoración do organismo internacional a que se presentaron, o que se comprobará a través da superación dos limiares de valoración establecidos na propia convocatoria internacional.

Investments or eligible costs

1. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, os gastos de contratación da consultoría profesional do axente intermedio seleccionado pola peme para a preparación da súa proposta, sempre que estea debidamente homologado pola Axencia Galega de Innovación.

A listaxe de axentes intermedios homologados estará dispoñible na web da Axencia Galega de Innovación, no enderezo http://gain.xunta.es

2. Só serán subvencionables aqueles gastos que de xeito inequívoco respondan á natureza da actividade subvencionada e non estean incluídos entre os gastos presentados á convocatoria nacional ou internacional a que se concorra. Os gastos deberán ser:

- Contratados e pagados directamente entre a peme beneficiaria da axuda e o axente intermedio. Exceptúase deste requisito a cantidade trocable a través do bono de innovación concedido á peme, ao ceder o seu dereito de cobramento ao axente intermedio como contraprestación do servizo recibido.

- Ser sempre posteriores ao 1 de xaneiro de 2013 e estar comprendidos entre o día seguinte á comunicación da homologación do axente intermedio seleccionado pola peme e a data de solicitude da axuda. Establécense como excepción á homologación previa aquelas solicitudes que se presenten nos primeiros catro meses do programa e nas cales se presente conxuntamente a solicitude do bono coa de homologación do axente intermedio. Neste casos, a concesión da axuda estará condicionada á obtención da homologación do axente intermedio.

Os gastos deben ser sempre anteriores ao 31 de decembro de 2015, data de fin da vixencia do Programa bonos de innovación se non se produce antes o esgotamento do crédito previsto nestas bases.

Non serán subvencionables:
- O imposto sobre o valor engadido (IVE).
- Os descontos e similares que se inclúan na factura, que suporán, por tanto, un importe menor do valor do gasto.

Amount of aid

A axuda que se vai conceder asume a forma de incentivo directo a fondo perdido, que consiste na entrega dunha cantidade calculada como unha porcentaxe da base incentivable aprobada que non terá que devolverse. A intensidade da axuda será do 100 % do custo do servizo considerado incentivable segundo a táboa I.

Deadline for submitting applications

Inicialmente a vixencia do Programa bonos de innovación está prevista ata o 31 de decembro de 2015, salvo que antes se produza o suposto de esgotamento de crédito previsto.

Incompatibility

Estas axudas non serán compatibles coa percepción doutra subvención ou axuda para a mesma finalidade e os mesmos gastos procedente de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais ou internacionais.

Legislative Reference

Resolución do 16 de setembro de 2013 (DOG nº 181 do 23/09/2013) - Bases reguladoras e convocatoria.


Information and processing in

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Rúa dos Feáns, 7 baixo
15706 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfonos: 981 54 39 93; 981 95 70 50; 981 54 39 87 e 981 95 73 03

Email: programas.gain@xunta.es

Información web: http://gain.xunta.es