Deadline for submitting applications will end on 18/05/2012

SUBVENCIÓNS PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE PLATAFORMAS TECNOLÓXICAS (IN841A)

Purpose / Objective

Financiar o desenvolvemento das plataformas tecnolóxicas galegas dentro da liña de actuación 3.7 do Plan I2C, como axentes do Sistema Integral de Apoio á Investigación a que está destinado o eixe 3.

O obxectivo final desta subvención é promover a realización de actuacións encamiñadas á procura do desenvolvemento de proxectos de cooperación, no marco da axenda estratéxica de investigación definida pola plataforma, que supoñan a participación en programas estatais e internacionais de I+D+i das empresas e entidades adheridas a ela.

Types of support

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Potential beneficiaries

Clústers e centros tecnolóxicos recoñecidos pola Xunta de Galicia,que deben ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma galega e realizar en Galicia as actividades susceptibles de obter axuda por medio desta convocatoria.

Non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Sectors eligible for subsidy

Todos

Investments or eligible costs

Para a determinación do custo subvencionable admitirase a imputación dos seguintes gastos:

– Persoal da entidade solicitante destinado ás actividades da plataforma tecnolóxica, coa capacidade de xestionar grupos de traballo, realizar propostas de novos proxectos e dinamizar a xeración de proxectos colaborativos, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación con ela.

Non se considerarán subvencionables os gastos relacionados co persoal que non teña relación contractual co centro tecnolóxico ou co clúster empresarial beneficiario da subvención ou que non se corresponda co labor indicado na solicitude.
Poderase imputar por este concepto un máximo do 50% do custo solicitado.

– Servizos Tecnolóxicos e outros servizos externos, necesarios para a plataforma tecnolóxica cando a entidade solicitante careza de medios propios. Poderase imputar por este concepto un máximo do 50% do custe solicitado.

– Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

– Gastos derivados das seguintes actividades:

• Gastos de formación especializada para a mellora das capacidades do persoal non directivo da entidade solicitante e a súa profesionalización (non se inclúen gastos de viaxes nin manutención).
• Organización de programas de formación e foros para fomentar o intercambio de coñecemento dentro do sector.
• Actividades para o establecemento de contactos e intercambio de coñecemento con outras plataformas tecnolóxicas.
• Realización de talleres de traballo e accións co obxectivo de promover a colaboración entre membros da plataforma de cara a xeración de proxectos colaborativos.
• Difusión das actividades (xornadas, reunións de traballo, etc.) dentro do sector.

Como máximo poderase solicitar, de forma conxunta, 9.000 euros para material funxible e gastos derivados.

Estas subvencións terán unha única anualidade; polo tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto anterior, que fosen realizados dentro do período indicado no artigo 6 deste anexo.

Amount of aid

A intensidade destas subvencións será do 100% para as entidades que concorran por primeira vez a estas axudas, e para as entidades que xa recibiron axudas en convocatorias anteriores para plataformas tecnolóxicas, a intensidade da subvención se reducirá un 10% respecto da subvención concedida na última convocatoria de axudas na que recibiu subvención, co obxecto de reducir progresivamente estas subvencións
ata chegar a cero de acordo co artigo 5.8.º do Marco comunitario.

O importe máximo de axuda que se poderá obter será de 90.000 euros.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día anterior ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibility

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de I+D+i para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo elexible do proxecto.
Terase en conta que o conxunto das axudas acadadas non poderá exceder, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada en cada procedemento nas súas correspondentes bases reguladoras ou na normativa que lles é de aplicación, cando sexa máis favorable. Por outra banda, os gastos recollidos nesta orde non poderán acollerse a outras axudas procedentes do Feder ou doutros fondos ou instrumentos comunitarios.

Legislative Reference

Orde do 11 de abril de 2012 (DOG Nº 73 do 17/04/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Information and processing in

Os formu¬larios da solicitude de axuda deberaos obter, cubrir, validar e presentar necesariamente o solicitante a través da aplicación informática á que se accede seleccionando o procedemento correspondente, dentro do enlace de «Axudas» da Dirección Xeral de I+D+i, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi

Tamén se pode acceder desde o enderezo https://sede.xunta.es, facendo uso dos enlaces dispoñibles para cada procedemento. Estes modelos validados pola aplicación informática valerán para a presentación electrónica, que se describe no artigo seguinte.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día anterior ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Información:

a) Na páxina web da Dirección Xeral de I+D+i (http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi), na súa epígrafe de «Axudas».
b) Nos teléfonos:
a. 981 95 73 87 e 981 95 73 92 (anexo I).
b. 881 99 91 60 e 881 99 91 56 (anexos II e III).
c) No enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es
d) Presencialmente.

Observations

Prazo de presentación da documentación xustificativa: ata o 31 de outubro de 2012.
Períodos de emisión das facturas: desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de outubro de 2012.