Deadline for submitting applications will end on 10/11/2009

AXUDAS PARA OS TRABALLADORES AUTÓNOMOS PARA A COMPRA DE ORDENADORES PERSOAIS (IN533A)

Purpose / Objective

Esta orde ten por obxecto convocar a selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para a promoción do acceso empresarial á sociedade da información en Galicia entre os traballadores por conta propia dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, así como aprobar as bases reguladoras das devanditas subvencións para os anos 2008 e 2009.

Types of support

Subvención a fondo perdido

Potential beneficiaries

Os traballadores por conta propia de Galicia, dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia, agás os comerciantes retallistas, dado que existen liñas de axuda desta consellería específicas para os mesmos investimentos.

Para ser beneficiario deberán acreditar o pagamento da correspondente cota á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, así como declarar a epígrafe e localidade en que ten a súa alta censual no imposto de actividades económicas.

En todo caso, deberá tramitarse a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que se sexan seleccionadas pola Consellería de Innovación e Industria en procedemento público e aberto.

Investments or eligible costs

Consideraranse como investimentos subvencionables a adquisición de ordenadores persoais que dispoñan das ferramentas axeitadas de software libre.

O investimento deberá incluír como mínimo os seguintes elementos:

- Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa, con procesador con arquitectura semellante a x86 de 32 bits, ou superior. O ordenador deberá incluír sistema operativo Linux.
- O ordenador deberá dispor de navegador de internet en software libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
- O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
- No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).

Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).

Cada solicitante só poderá ser beneficiario dunha axuda ao abeiro deste réxime de axudas.

En todo caso, os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con posterioridade á aprobación previa por parte da consellería.

Amount of aid

A axuda acadará o 45% do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante. O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación das solicitudes de axuda quedará aberto desde o día seguinte ao da publicación da relación de entidades colaboradoras, e permanecerá aberto ata o 10 de novembro de 2009, ou ata que se esgote o crédito orzamentario.

Incompatibility

As axudas recollidas a través desta orde serán incompatibles con calquera outro tipo de axuda pública ou privada que poida recibir o beneficiario para a adquisición do mesmo investimento.

Legislative Reference

Orde do 26 de xuño de 2008 (DOG Nº129 do 04/07/2008) - Bases reguladoras
Resolución do 25 de setembro de 2008 (DOG Nº195 do 08/10/2008) - Apertura do prazo de presentación de solicitudes
Resolución do 19 de xuño de 2009 (DOG Nº130 do 06/07/2009) - Relación de entidades colaboradoras e apertura do prazo de presentación de solicitudes.

Information and processing in

Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través dos teléfonos 981 95 74 56 ou 981 54 55 83, do número de fax 981 54 47 06, do enderezo de correo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es, ou presencialmente.