Deadline for submitting applications will end on 29/04/2021

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA - SUBVENCIÓNS CON OBXECTO DE IMPLEMENTAR AS NORMAS UNE PARA A CERTIFICACIÓN DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA (TU970A)

Purpose / Objective

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE

Types of support

Subvención en réxime de concorrencia competitiva

Potential beneficiaries

– Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

– Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.


As persoas solicitantes da categoría 2ª deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

1. No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos indicados polo solicitante na solicitude de subvención. O solicitante pode verificar a información que consta no REAT accedendo á web (extranet sectorial de Turismo) https://turespazo.turismo.gal.

No caso contrario, deberase achegar coa solicitude a documentación acreditativa da titularidade e/ou representación. Neste caso, a Axencia Turismo de Galicia instará de oficio a actualización desa información no REAT.

2. No caso de entidades baixo unha mesma franquía, só poderá solicitar a axuda para os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación a entidade matriz. As axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q deberán ser solicitados por cada unha das entidades (matriz e sucursais con distinto NIF) individualmente.

3. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente comunicados á Administración concedente, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, subrogándose o novo titular na posición xurídica de beneficiario da subvención.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar as ditas persoas incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, empregando o modelo que figura no anexo II.

5. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Sectors eligible for subsidy

Turismo

Investments or eligible costs

1. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2021 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021. Concretamente serán subvencionables:

- Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2021.

Tamén serán obxecto das axudas os gastos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondentes ao ano 2020, que se realicen en 2021, sempre e cando fosen aprobados polo ICTE e cuxa data de facturación se produza en 2021. As contías das axudas dos procesos de aprazamentos terán unha intensidade do 30 %.

Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, quedando excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría externa realizada no ano 2021.

- Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2021, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

2. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.

4. Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Amount of aid

A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que alcancen os proxectos presentados, segundo se detalla a seguir:

Puntuación - % Axuda

51-100 puntos - 70 %
31-50 puntos - 65 %
0-30 puntos - 60 %

2. Para o caso dos custos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondentes ao no 2020, a contía da axuda terá unha intensidade do 30%.

3. En calquera caso, as subvencións concedidas non poderán superar os seguintes límites máximos:

– 2.000 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 1.000 euros para procesos de seguimento.

– Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice mediante a modalidade multi-site, o importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000 euros para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 2.000 euros para procesos de seguimento.

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibility

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Legislative Reference

Resolución do 19 de febreiro de 2021 (DOG nº 59 do 29/03/2021). - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Information and processing in

Axencia Turismo de Galicia

Teléfono: 981546363 / 981547404

Email: fomento.turismo@xunta.gal

http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion