Deadline for submitting applications will end on 03/06/2021

AXUDAS LEADER - PDR DE GALICIA 2014-2020

Purpose / Objective

O obxecto destas bases reguladoras é establecer as regras para a concesión e xustificación das axudas encadrables na submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a Estratexia de desenvolvemento local participativo) do PDR de Galicia 2014-2020 que se tramiten en réxime de concorrencia competitiva, a través dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras de Agader na xestión da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020.

Potential beneficiaries

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Sectors eligible for subsidy

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.

Main project requirements

Os proxectos deben estar localizados no ámbito territorial do GDR, ser viables técnica e financeiramente (se son de natureza produtiva tamén deben ser viables economicamente), cumprir coa normativa sectorial aplicable, non estar iniciados no momento da presentación da solicitude de subvención, e ter encadramento na estratexia de desenvolvemento que aprobou cada GDR.

Considéranse proxectos produtivos aqueles que supoñan unha actividade económica con fin lucrativo para a produción de bens e/ou servizos, e que conleve a creación e/ou mantemento do nivel de emprego.

A intensidade da axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €.

Doutra banda, serán considerados como proxectos non produtivos aqueles que teñan un interese público ou colectivo e non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa (dirixidos a entidades públicas e entidades privadas sen ánimo de lucro).

A intensidade da axuda situarase entre un mínimo do 30 % e un máximo do 100 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 euros, non obstante poderán acadarse os 250.000 euros no caso de que o proxecto non deba ampararse no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo ás axudas de minimis e sempre que a Agader o autorice expresamente.

O prazo máximo para executar o proxecto será o que se determine na resolución de concesión da axuda, non podendo exceder en ningún caso de 18 meses.

Required qualifications do proxecto

Como se seleccionan os proxectos presentados?

Cada GDR ten establecida na súa estratexia de desenvolvemento un procedemento de selección e priorización de proxectos coa súa correspondente puntuación.

Unha vez admitida a solicitude, o equipo xestor do GDR procede a súa tramitación e emite os informes de viabilidade, capacidade, e da solvencia técnica, financeira e económica do promotor, para seguidamente ser verificados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Unha vez devolta esa verificación, a directiva de cada GDR propón cales son os proxectos a aprobar por orde de puntuación, hasta o límite máximo de crédito dispoñible para cada medida dese GDR. Así mesmo, tamén teñen encomendadas as funcións de control e seguimento da execución dos proxectos subvencionados.

Finalmente, Agader é o órgano administrativo que emite as resolucións definitivas para a concesión ou denegación das axudas.

Investments or eligible costs

Baixo determinadas condicións descritas no artigo 4, son subvencionables:

a. A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser empregados no proxecto. No caso de adquisición de inmobles, hasta o 50 % do total dos gastos subvencionables
b. A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables
c. A adquisición de maquinaria e equipamento novos
d. Os investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións
e. Os custos xerais vinculados aos gastos de investimento do proxecto, tales como honorarios a técnicos e asesores, hasta o 12 % do custo total subvencionable
f. Os gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas. A suma dos gastos dos puntos "e" e "f" non poderá superar o 20 % do total dos gastos subvencionables do proxecto
g. Os medios e equipos de transporte, segundo sexa a natureza do proxecto

Deadline for submitting applications

O prazo de presentación de solicitudes que concorrerán nesta convocatoria rematará o 3 de xuño de 2021.

Non obstante, para vindeiras convocatorias (no caso de que as houbera) o período de presentación estará permanentemente aberto polo que, superada esta data, podo seguir presentando solicitudes de axuda que se incluirían na seguinte convocatoria.

Incompatibility

Esta subvención é compatible con outras axudas, sempre que as outras axudas non teñan fondos comunitarios (UE), ou téndoos non se refiran ás mesmas partidas, e no seu conxunto non superen o 100% do custo do proxecto para o que se solicita a axuda.

En todo caso, a persoa promotora ten a obriga de comunicar a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos públicos ou privados que financien as operacións subvencionadas, no momento en que se coñeza, e sempre, con anterioridade á xustificación da aplicación dos fondos percibidos.

Legislative Reference

Resolución do 13 de decembro de 2019 (DOG nº 246 do 27/12/2019) - Bases reguladoras
Resolución do 18 de decembro de 2019 (DOG nº 247 do 30/12/019) - Convocatoria 2020
Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG Nº82 do 03/05/2021) - Convocatoria 2021

Information and processing in

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER)

Teléfono: 981547362

http://agader.xunta.es

Dirixindo unha solicitude de axuda ao GDR correspondente ao territorio no que se vaia executar o proxecto, segundo modelo normalizado que se incorpora as bases reguladoras como anexo II (enlace bases).

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal xunto coa documentación requirida.

Ante calquera dubida ou consulta previa podes poñerte en contacto co persoal do teu GDR, onde recibirás unha completa información.

https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/xestionadas-polos-gdr/programa-leader/nova-convocatoria-leader/guia-de-axuda/