Thursday, 22 November 2012 00:00

O Igape basea o éxito das iniciativas de mellora competitiva e internacionalización na cooperación

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou na apertura da xornada sobre posibilidades de financiamento da UE para as empresas, organizada pola CEG, e salientou os instrumentos financeiros da Xunta de Galicia. Adiantou as liñas xerais do marco de apoio comunitario para o período 2014-2020, que se vai centrar na promoción do espírito empresarial e nas accións de impulso de instrumentos financeiros retornables para facilitar a posta en marcha das novas iniciativas empresariais.

Santiago, 22 de novembro de 2012.- O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou hoxe na xornada desenvolvida en Santiago sobre as Posibilidades de financiamento da UE para as empresas e destacou que, en gran medida, o éxito dos proxectos de mellora da competitividade e internacionalización das pemes galegas dependerá de que se asenten en iniciativas de cooperación entre empresas.
 
Na xornada organizada pola CEG, Aguilera Navarro pronunciou un relatorio sobre os instrumentos financeiros habilitados pola Xunta de Galicia para apoiar a actividade empresarial, entre os que destacou todas as liñas de apoio para o financiamento dos investimentos, principalmente a través do Igape, con programas para impulsar grandes proxectos e apoios para iniciativas de emprendedores, pemes, autónomos e microempresas, mediante programas como re-Imaxina ou re-Emprende. Tamén falou dos instrumentos cos que conta Xesgalicia, con préstamos participativos concedidos a través de fondos como i2C ou XesInnova, para facilitar a posta en marcha de proxectos especialmente innovadores.
 
O director do Igape adiantou tamén as liñas xerais do marco de apoio comunitario para o período 2014-2020, que se vai centrar na promoción do espírito empresarial e nas accións de impulso de instrumentos financeiros retornables (préstamos, microcréditos, garantías, participacións, capital semente) para facilitar a posta en marcha das novas iniciativas empresariais.
 
Segundo avanzou Javier Aguilera, o novo marco de apoio comunitario tamén incidirá especialmente no desenvolvemento de novos modelos empresariais para as pemes, en particular para facilitar a súa internacionalización, dado que estes procesos “teñen beneficios substanciais en termos de crecemento e emprego”, salientou.
 
O director xeral do Igape subliñou o amplo abano de instrumentos financeiros habilitados pola Xunta de Galicia para apoiar tanto os grandes investimentos empresariais como os proxectos promovidos polos novos emprendedores, os autónomos, as microempresas e as pemes. Aguilera Navarro destacou igualmente a importancia das iniciativas empresariais de mellora da competitividade e internacionalización das pemes e amosouse convencido de que, en boa medida, o seu éxito depende de que se impulsen no marco de proxectos colectivos, como proxectos de cooperación.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments