Monday, 01 June 2020 14:08

A Xunta ofrece asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade a través do Igape Responde

O novo programa ten activados o teléfono gratuíto de información 900 815 151 e o correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. . Para fortalecer e reorganizar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a situación xerada pola covid-19, refórzase cunha nova convocatoria do ReAcciona. Achegarase orientación sobre as medidas de implantación rápida e apoio impulsadas para a reorganización estratéxica e operativa, o impulso do teletraballo e a innovación dos negocios. Facilítase información sobre as axudas da Administración autonómica dirixidas ao comercio e os sectores industrial e de servizos para garantir a seguridade e potenciar a dixitalización e as vendas no exterior.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020.- O novo programa posto en marcha pola Xunta para fortalecer e reorganizar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais ante a situación xerada pola covid-19 ten en funcionamento o teléfono gratuíto de información 900 815 151 e o correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. . Forman parte do Igape Responde, iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade e que vai contar cos servizos dunha nova convocatoria da liña ReAcciona para facilitar orientación sobre como adaptar os negocios ás novas necesidades.

Tanto a través do teléfono como do correo electrónico proporciónase asesoramento sobre as  medidas impulsadas pola Administración autonómica co obxectivo de facilitar a volta á actividade do tecido empresarial galego con garantías de seguridade para a saúde e para mellorar a competitividade no novo contexto económico derivado da pandemia. Deste xeito, a través destas canles, autónomos e empresas poden consultar os apoios xa activados e os que entrarán en funcionamento proximamente. 

Ademais, a través da xanela única que ofrece o Igape Responde, tamén estarán dispoñibles os servizos que se porán en marcha mediante a nova convocatoria do ReAcciona, que se prevé publicar mañá no Diario Oficial de Galicia, e que achegarán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación rápida que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva. En concreto, ofrecerá soporte personalizado en aspectos como a implantación do teletraballo, prestacións de servizos e promoción en liña, busca de financiamento e reconfiguración da oferta comercial. Esta nova ferramenta, ademais de servizos de asesoramento e mentorización, porá a disposición do tecido produtivo galego unha base de coñecemento con información de interese empresarial, encontros explicativos en liña, guías de repostas a preguntas frecuentes e boletíns informativos periódicos.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments