Saturday, 23 July 2011 02:00

Economía e Industria apoia, a través do Igape, 2.500 iniciativas e proxectos de internacionalización

A consellería que dirixe Javier Guerra destinou preto de 50 millóns de euros ao eixo estratéxico da internacionalización, nesta lexislatura. A aposta da Xunta de Galicia ten un reflexo directo na evolución favorable das exportacións da Comunidade Autónoma, que medraron un 24% nos cinco primeiros meses do ano, catro puntos por riba da media do Estado. O saldo positivo da balanza comercial galega foi de case 1.728 millóns de euros, o maior de todas as comunidades.

Santiago, 23 de xullo de 2011.- A Consellería de Economía e Industria apoia de forma decidida, a través do Igape, a internacionalización das empresas galegas. De feito, no que vai de lexislatura, impulsáronse preto de 2.500 proxectos no ámbito do programa de internacionalización do tecido empresarial galego orientado a favorecer a comercialización dos nosos produtos e servizos no estranxeiro.

O incremento de iniciativas de internacionalización apoiados pola Consellería de Economía e Industria ten reflexo na evolución positiva das exportacións galegas, que medraron un 24% nos cinco primeiros meses do ano, catro puntos por riba da media do Estado.

Este crecemento dos apoios a proxectos de internacionalización vai parello a un importante incremento orzamentario. No que vai de lexislatura, a Consellería de Economía e Industria destinou preto de 50 millóns de euros ao eixo estratéxico centrado en dinamizar o comercio exterior das empresas galegas.

Deste xeito, o Goberno galego destinou á apoiar as estratexias de internacionalización das empresas galegas, a través do Igape, mais do triplo dos orzamentos adicados a este eido polo anterior executivo, con case 35 millóns de incremento, só no que vai de lexislatura. A Consellería de Economía e Industria estableceu a internacionalización como un eixo prioritario do programa de promoción económica da Comunidade coa apertura de diversas liñas e fondos.

Por outra banda, o saldo positivo da balanza comercial galega foi de case 1.728 millóns de euros nos cinco primeiros meses deste, cun incremento do 160,5% sobre o mesmo período do ano anterior; é o maior de todas as comunidades; mentres tanto, o saldo negativo da balanza española no seu conxunto foi de -20.142 millóns de euros.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments