Monday, 07 March 2016 15:19

O Igape destaca o compromiso emprendedor de Pekexogo Animación para impulsar en Padrón un novo parque multiaventura

O director do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións deste innovador espazo lúdico con alternativas de ocio para rapaces e mozos, parellas, ANPAS, centros escolares ou actividades de empresas. Pekexogo Animación conta cun préstamo Igape-Jeremie para a realización dos investimentos nas instalacións e equipamentos. Aguilera salienta que o Igape activou este ano programas de axuda dotados con máis de 30M€ e que acaba de ampliar a dotación para o programa de préstamos Jeremie.

Padrón (A Coruña), 7 de marzo de 2016.- O director do Igape, Javier Aguilera, salientou o compromiso emprendedor dos promotores de Pekexogo Animación, o novo parque multiaventura localizado en Extramundi, Padrón, onde ofrece variedade de actividades, tanto para nenos e mozos como para parellas ou grupos de empresas.

Pekexogo Animación contou cun préstamo Jeremie do Igape para a realización deste investimento, cunhas instalacións que ocupan máis de 24.000 metros cadrados especializados en actividades de lecer tanto terrestres como acuáticas ou aéreas. Sendeirismo, tiro con arco, , , tirolinas ou rocódromo son algunhas das ofertas deste parque de ocio que ofrece campamentos tanto para rapaces como para grupos que buscan fins de semana con aventuras na natureza.

Na súa visita, o director do Igape destacou que, para continuar a apoiar as iniciativas empresariais, o Igape activou programas de axuda dotados con máis de 30M€ para apoiar proxectos de investimento, de emprendedores, de mellora da competitividade de pemes ou de internacionalización. Lembrou igualmente que o Instituto acaba de ampliar a dotación para o programa de préstamos Jeremie, centrado en facilitar os investimentos das Pemes e dos emprendedores.

Pekexogo Animación e Ocio dispón dun parque en altura con tres circuítos e diferentes niveis de dificultade e con preto de 300 metros de tirolinas e con iluminación que permite mesmo o uso nocturno. As actividades, adaptadas para nenos a partir de cinco anos, inclúen programas para familias, programas de conciliación, excursións para colexios, ANPAs, asociacións, clubes ou concellos.

Pekexogo é un parque especializado en aventura e diversión que ten como prioridade a seguridade dos usuarios. As súas instalacións inclúen salón multiusos, cafetería– restaurante, amplos vestiarios adaptados para persoas con mobilidades reducida, unha piscina con 150 metros cadrados de liña de auga, servizos de enfermería, lavandería e aparcadoiro para os clientes, entre outros.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM

Login to post comments