O prazo de presentación finalizou o 15/09/2008

PROGRAMA DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN EN PRÁCTICAS DE XÓVENES CON TITULACIÓNS DE DIFÍCIL EMPLEABILIDADE (TR347A)

Finalidade / Obxectivo

Proporcionar experiencia laboral a aqueles mozos e mozas desempregados/as, cuxas titulacións profesionais presentan especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo.

Tipos de apoio

Axudas a fondo perdido.

Beneficiarios potenciais

Empresas privadas, que contraten traballadores desempregados e inscritos no Servizo Público de Emprego para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde de convocatoria.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principais do proxecto

Os contratos en prácticas deberán cumprir as exixencias e formalidades establecidas no artigo 11 do Estatuto dos traballadores e nas normas regulamentarias de desenvolvemento.

Estes contratos deberán realizarse con mozos e mozas cunha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos, ambos inclusive, desempregados/as inscritos/as como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que non tiveran relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma modalidade.

Para que ditos contratos poidan ser obxecto de subvención deberán concertarse a xornada completa e por unha duración inicial non inferior a 12 meses.

Os contratos en prácticas deberán celebrarse con mozos e mozas que estean en posesión dalgún dos títulos de difícil empregabilidade definidos no anexo V-A da orde de convocatoria.

Para poder acceder aos beneficios deste programa as empresas deberán acadar no mes anterior ao da contratación unha taxa de estabilidade igual ou superior ao 75%.

Como consecuencia da contratación que se fomenta ten que incrementarse o cadro global da empresa no ámbito territorial de Galicia.

Investimentos ou gastos computables

Os contratos en prácticas que se realicen con mozos titulados.

Contía das axudas

Os contratos en prácticas que se realicen con mozos titulados, segundo o establecido no artigo 11 do E.T., incentivaranse nunha contía de ata 1.000 euros, incrementándose ata 4.000 euros se se realizan con mulleres tituladas.

Prazo de presentación de solicitudes

- O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será de dous meses contados desde a data na que se inicie a relación laboral.

- O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2008 aínda que nesta data non transcorreran dous meses desde a celebración do contrato obxecto de subvención.

- As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas desde o 16 de setembro de 2007 e ata a data da publicación da orde de convocatoria poderán presentarse ata o 15 de maio de 2008.

Referencia lexislativa

Orde do 26 de marzo de 2008 (DOG Nº63 do 02/04/2008) - Bases e convocatoria 2008

Información e tramitación en

Consellería de Traballo - Dirección Xeral de Promoción do Emprego - 981 95 77 27

Para a presentación das solicitudes de axudas, os beneficiarios poderán contar coa información e asesoramento dos axentes de emprego da rede coordinada pola Consellería de Traballo (www.tecnicosempregogalicia.xunta.es)