Realizar actuacións de promoción e mellora da comercialización das súas producións, e dirixida especificamente a fomentar a asistencia a certames comerciais, contratación de estudos e asistencias técnicas, e a contratación e formación de persoal específico.
Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas agrarias e agroalimentarias, excluídas as do sector forestal e de alimentación animal, que cumpran os seguintes requisitos:
-Que teñan como actividade maioritaria a elaboración e/ou comercialización de produtos agrarios ou agroalimentarios galegos. Non serán subvencionables as empresas de comercio por xunto ou polo miúdo nin de distribución, salvo que estean participadas maioritariamente por produtores ou elaboradores de Galicia.
-Que figuren inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias ou de Actividades Catalogables cando sexa preceptivo polo tipo de actividade.
-Que teñan o seu domicilio social en Galicia.
As empresas que soliciten axudas non poden estar en situación de crise conforme o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02).
Sector agrícola e agroalimentario.
Os solicitantes deben ter como actividade a elaboración e/ou comercialización de produtos agrarios ou agroalimentarios galegos. Non serán subvencionables as empresas de distribución, salvo que estean participadas maioritariamente por produtores ou elaboradores de Galicia.
As empresas solicitantes deben figurar inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias ou de Actividades Catalogables cando sexa preceptivo polo tipo de actividade.
As actuacións e conceptos subvencionables son os seguintes:
- Material divulgativo e promocional. O importe máximo subvencionable admisible por solicitante será de 20.000 .
- Participación en certames comerciais. O importe máximo subvencionable admisible por solicitante será de 60.000 .
- Estudos e asistencias técnicas. Os gastos deste capítulo só serán admisibles se corresponden a servizos realizados por consultores e empresas externas. En todo caso, o importe máximo subvencionable admisible será de 25.000 por solicitante.
- Formación. O importe máximo subvencionable admisible será de 10.000 por empresa solicitante.
- Contratación de persoal. O importe máximo subvencionable admisible por traballador contratado será de 30.000 .
Subvencións de ata o 60% dos investimentos considerados como subvencionables.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de xaneiro de 2009.
As axudas concedidas a través desta orde son incompatibles con calquera outra concedida para os mesmos conceptos.
Ademais, o importe da subvención concedida sumado a outras axudas de minimis recibidas polo beneficiario non superará o importe de 200.000 nun período de tres anos fiscais.
Orde do 22 de decembro de 2009 (DOG Nº252 do 29/12/2009) - Bases e convocatoria 2010
Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
Tfno: 981 540028