Establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2010 das seguintes liñas de axuda:
* Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
* Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.
Subvención a fondo perdido.
Primeira instalación de agricultores/as mozos/as
Requisitos dos/as beneficiarios/as:
Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder a estas axudas, ademais dos requisitos que se desprenden da definición recollida na orde, deberán cumprir os seguintes:
- Posuír, no momento da súa instalación, o nivel de capacitación profesional suficiente, ou comprometerse a adquirilo nun prazo de dous anos desde a dats da súa instalación.
- Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA ou acadar esta condición nun prazo máximo de dous anos desde a súa instalación.
- Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a data de certificación da axuda.
- Cumprir a explotación, as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, no prazo máximo de dous anos desde a instalación do/a mozo/a.
- Persoa maior de 18 anos e menor de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda.
Sector agrario
Modalidade da primeira instalación prevista
A primeira instalación dun agricultor mozo poderá realizarse mediante as seguintes modalidades:
1. Acceso á titularidade exclusiva ou compartida da explotación agraria, por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento, parzaría ou figuras xurídicas análogas, asumindo o/a mozo/a que se instala, polo menos, o 50 por 100 dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación.
2. Acceso á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria.
* Plans de mellora
Investimentos obxecto de axuda:
- A mellora das condicións de vida e traballo dos/as agricultores/as e dos/as empregados/as das explotacións. Os investimentos considerados destinaranse, en exclusiva, á mellora das prácticas agrarias e tarefas derivadas da explotación agraria.
- A mellora cualitativa e a ordenación de producións en función das necesidades de mercado e, se é o caso, con vistas á adaptación ás normas comunitarias de calidade, así como para a diversificación das actividades agrarias, especialmente mediante investimentos destinados á clasificación, acondicionamento, fabricación, transformación e comercialización dos produtos agrarios da propia explotación.
- A adaptación das explotacións con vistas a reducir os custos de produción, aforrar enerxía ou auga, ou á incorporación de novas tecnoloxías, incluídas as de informatización e telemática.
- O cumprimento das novas normas comunitarias en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, establecidas recentemente.
- A mellora das condicións de hixiene das explotacións gandeiras e de benestar dos animais, a protección e mellora do solo, da cuberta vexetal e do ambiente, serán só elixibles os investimentos con estes fins que vaian máis alá dos requisitos obrigatorios, de acordo coas normas comunitarias aplicables.
Investimentos exceptuados de axuda:
Non se concederán axudas para os seguintes investimentos:
- Os investimentos de simple substitución non poderán optar a axudas ao investimento.
- Os investimentos na compra de dereitos de produción, animais e plantas anuais e a súa plantación.
Durante os cinco anos seguintes ao pagamento da subvención, os investimentos subvencionados non deberán sufrir ningunha modificación importante.
* Plans de mellora
a) A contía máxima de axuda, expresada en porcentaxe do investimento, con carácter xeral, poderá chegar ata:
1. O 50% do investimento, para bens inmobles, e o 30%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas.
2. O 40%, para bens inmobles, e o 25%, para bens mobles, nas demais zonas.
b) A axuda consistirá nunha subvención directa de capital, ou nunha subvención de capital, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento, tendo en conta que a subvención non poderá superar o límite de intensidade de axuda sobre o investimento total indicado na letra a). Estes préstamos non poderán superar o 90% do investimento total que se vaia realizar, e formalizaranse no marco do convenio financeiro, entre a Consellería do Medio Rural e a entidade financeira en vigor.
c) A axuda á amortización non poderá superar o 80% do importe do préstamo, e poderá aboarlla a consellería, dunha soa vez, directamente á persoa beneficiaria, logo de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos.
d) Non obstante, serán denegadas as solicitudes para investimentos de plan de mellora cuxo investimento auxiliable sexa inferior a seis mil (6.000) euros por explotación, salvo que o tramo de investimento que reste sen auxiliar, de acordo co límite que corresponda non supere a dita cantidade.
* Axudas á primeira instalación
A axuda á primeira instalación de agricultores/as mozos/as, dirixida a auxiliar gastos e investimentos derivados dela consistirá en:
1. Unha prima por explotación, nunha contía máxima de 20.000 euros que se poderá substituír, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuro equivalente.
2. Unha bonificación de xuros, que poderá aplicarse sobre o xuro preferente na súa totalidade, por un importe non superior a 20.000 euros dun préstamo formalizado no marco do convenio financeiro establecido entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras, o importe do cal non poderá superar o 90% do gasto total e será compatible coas axudas do número 1.
Establécese para o ano 2010 un período de solicitude de 45 días a partir do 5 de xuño.
O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos FEADER nunha porcentaxe do 57,56%
Orde do 17 de decembro de 2008 (DOG Nº248 do 23/12/2008) - Bases reguladoras e convocatoria 2009
Orde do 31 de maio de 2010 (DOG Nº105 do 04/06/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
Preferentemente nas oficinas agrarias comarcais da Consellería do Medio Rural.