CLAVES PARA VENDER CON ÉXITO EN CHINA. XORNADA TÉCNICA "ACHINAR"
- Data: 8 de xullo de 2015
- Lugar: MUPEGA, San Lázaro 107, Santiago de Compostela.
- Horario: 9.15 a 13.45
Durante a xornada expoñeranse as claves para posicionar con éxito ás empresas galegas, especialmente do sector AgroAlimentario, Moda e TIC (cos seus produtos e/ou servizos) na Short List de marcas favoritas dos seus clientes obxectivo chineses, como "a marca" e o produto ou servizo a comprar para satisfacer as súas necesidades.
1. As "8" Claves da Dirección de Mercadotecnia para China.
Reflexionaremos sobre as claves para integrar Cultura e Estratexia de Negocio nos Plans de Mercadotecnia e Vendas gañadoras das empresas de Galicia, para o mercado de China
2. A arte de " e-Achinar"
Reflexionaremos sobre as claves para integrar Internet como medio de comunicación e canle de vendas nos plans de Mercadotecnia e Vendas gañadoras das empresas de Galicia, para China
1ª etapa: "Existes" por estar presente no Internet "con características chinesas".
2ª etapa: "Convences" o teu cliente obxectivo chinés de que os teus produtos ou servizos son a resposta ás súas necesidades.
3ª etapa: "Vendes" ao teu cliente obxectivo chinés, como resultado dunha excelente estratexia en Marketing Dixital para China.
Máis información
|
|
|
|