MES REACCIONA. Marketing, estrategia, comunicación
Mañá mércores, día 10 de xuño, desenvolverase un novo taller sobre os servizos do programa Reacciona impulsado polo Igape e organizado por AJE Coruña. No encontro, que se celebrará na sede da CEC, a partir das 9:30 horas, serán presentados os servizos avanzados que ofrece o programa Reacciona e abordaranse, ademais, cuestións relacionadas co marketing empresarial. O relator experto, Salvador Devant, procurará dar resposta a cuestións como "Por que non son capaz de vender como antes?" ou "Que podo facer para gañar máis cartos?"
Ver programa
Os interesados neste taller poden inscribirse a través de info@ajecoruna.com
Por outra banda, o próximo xoves, día 11, desenvolverase en Santiago de Compostela (Edificio Emprendia da USC, a partir das 10,30) un taller Reacciona sobre "Como deseñar e desenvolver unha estratexia gañadora para a túa Peme"
Do mesmo xeito, o próximo 16 de xuño (Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, a partir das 10:30) un taller sobre comunicación empresarial.
As inscricións para os talleres Reacciona de Santiago, poden facer a través de dceldran@ajecoruna.com
O programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo prioritario incrementar as competencias dos xestores das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Esta iniciativa pon a disposición das pemes un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou os procesos de produción, na procura dun impacto positivo global nas compañías.
As empresas interesadas en incorporarse canto antes ao programa Reacciona poden solicitalo ata o próximo 19 de xuño.
Experiencias
Solicitudes
|
|
|
|