ENTIC,ASESORAMENTOS ENERXÉTICOS PERSONALIZADOS. 38 FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE DE SILLEDA /SALIMAT.
Silleda, 11 e 12 de xuño de 2015
O Proxecto ENTIC, www.entic.eu ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a incorporación ás PEMES de medidas de eficiencia enerxética apoiadas en solucións TIC como factor de competitividade. ENTIC enmárcase na iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, no proxecto, liderado polo IGAPE participan ademais 8 socios de Galicia e Portugal.
Dentro da 38 Feira Internacional Semana Verde de Galicia/19 Salón Internacional da Alimentación do Atlántico que se desenvolverá en Silleda do 11 ao 14 de xuño de 2015, o IGAPE, contará cun stand no que as empresas interesadas en recibir asesoramento personalizado sobre como mellorar a eficiencia enerxética, poderán reunirse, con carácter totalmente gratuíto, co/os especialista/s elixido/s ao obxecto de falar sobre os seus consumos enerxéticos e as opcións de aforrar custos.
As reunións terán unha duración aproximada de 30 minutos e recoméndase acudir coas facturas dos consumos dos últimos 12 meses.
Pode apuntarse a estes encontros (que terán lugar exclusivamente os días 11 e 12 de xuño) enviando un correo electrónico a info@entic.eu ou chamando ao teléfono 981 541117, indicándonos os seus datos e o nome da empresa/s elixida/s de entre os colaboradores que figuran a continuación, antes do próximo día 9 de xuño.
A través da convocatoria enviada ao Directorio de empresas ENTIC, dispoñible la web do proxecto, mostraron interés en colaborar nesta iniciativa as seguintes empresas especializadas no sector coas que pode solicitar unha reunión:
Con esta acción, quérese ofrecer ás empresas información e asesoramento para unha xestión intelixente da enerxía, co obxectivo de mellorar a súa competitividade e dinamizar oferta e demanda no sector. Esperando que esta iniciativa sexa do seu interese, un saúdo.
A xestión sostible e intelixente da enerxía impulsa a competitividad.
|