INTERNACIONALIZACIÓN: PROGRAMA PRIMEIRA EXPORTACIÓN
No marco do Programa Primeira Exportación, que desenvolve o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración coa Fundación Gas Natural Fenosa co obxectivo de facilitar os primeiros pasos para a exportación e orientar as accións preparatorias e iniciais do proceso de internacionalización, convocase:
Taller práctico: Elaboración de Plan de Exportación
- Ferrol: 02 xuño 2015 10.30h a 13.30h
- Lugo: 02 xuño 2015 17.00h a 20.00h
- Ourense: 3 xuño 2015 10.30h a 13.30h
- Vigo: 3 xuño 2015 17.00h a 20.00h
- Santiago de Compostela: 4 xuño 2015 10.00h a 13.00h
- A Coruña: 4 xuño 2015 17.00h a 20.00h
O Programa Primeira Exportación está orientado a pemes que queren empezar a exportar, é gratuito e ofrece asesoramento e titoría, e formación. Cada empresario traballará sobre o seu propio proxecto para dar resposta a preguntas como:
- Como sei si a miña empresa e o meu produto están preparados para exportar?
- Por onde empezo?
- Debería buscar países por criterios de proximidade ou, en cambio, priorizar o potencial de mercado?
- Onde atopar información sobre os mercados?
- Como constrúo a miña estratexia de exportación?
- Como realizo un orzamento?
- Como elaboro o plan de acción?
- En que prazo podo acadar resultados?
O ponente, Emilio Segura é o director executivo do Programa Primeira Exportación da Fundación Gas Natural Fenosa, Licenciado en Letras e Master in Business Administration por ESADE. Con 25 anos de carreira en exportación en pemes e tamén en negocios internacionais, asesora ás empresas do programa.
Inscricións e máis información: primeraexportacionfgnf@gasnaturalfenosa.com
www.fundaciongasnaturalfenosa.org
|
|
|
|