SEMINARIO DE INTERNACIONALIZACIÓN: O MERCADO DA LICITACIÓN PÚBLICA EN MARROCOS
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizan un seminario sobre "O mercado da Licitación Pública en Marrocos”,
- Día: luns, 01 de xuño de 2015
- Horario: 10.00 horas
- Lugar: sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).
Este seminario, que está dirixido principalmente a aquelas empresas e asociacións sectoriais interesadas no mercado marroquí, convocase co fin de ofrecer unha visión informativa e práctica sobre os procedimentos a seguir para licitar en Marrocos.
Hanan Zaoudi, Analista de Mercado da Plataforma Pexga en Marrocos, acercaranos a través de vídeo-conferencia, á realidade práctica das licitacións neste país e das oportunidades que poden abrirse neste campo para as empresas galegas nun Estado onde a contratación pública conta cun gran apoio institucional.
A continuación, e tamén desde Casablanca, haberá un relatorio dun avogado especialista en licitacións públicas, con dilatada experiencia na asesoría a entidades e empresas tanto públicas como privadas, que abordará o marco normativo e os aspectos fundamentais do proceso licitador no país norteafricano.
Pode consultar aquí o Programa
Os interesados en participar deben remitir un correo electrónico á dirección info@pexga.es co asunto "O mercado da Licitación Pública en Marrocos”", indicando o seu interese en participar nesta actividade, razón social da empresa, nome e cargo da persoa que acudiría en representación desta.
As prazas son limitadas e será imprescindible estar previamente rexistrado na web da Rede Pexga www.pexga.es, así como aceptar a política de privacidade desta. Dende o Centro de Coordinación confirmarase por correo electrónico a inscrición.
Esta xornada forma parte dunha serie de seminarios en relación con diversas temáticas de interese sobre algún dos mercados nos que a Rede Pexga está presente.
- Próximo seminario: China: 18 de xuño de 2015
|
|
|
|