TALLER REACCIONA. ANÁLISE DAS CONTAS ANUAIS DESDE A VISIÓN DE DIRECCIÓN NON EXPERTA EN FINANZAS
O próximo xoves, 28 de maio, desenvolverase un novo taller sobre os servizos do programa Reacciona impulsado polo Igape e organizado por AJE Coruña. No encontro, que se celebrará na sede da CEC, a partir das 18:00 horas, serán presentados os servizos avanzados que ofrece o programa Reacciona e abordaranse, ademais, cuestións relacionadas coa Análise das contas anuais desde a visión de dirección non experta en finanzas.
O obxectivo é capacitar e formar a directivos e xerentes de Pemes de perfil non financeiro na interpretación e comprensión da información financeira da empresa para a toma de decisións, así como identificar responsabilidades patrimoniais, fiscais e de xestión a partir da información financeira dispoñible na empresa.
Os interesados en participar neste encontro de traballo poden inscribirse a través do e-mail: info@ajecoruna.com. Máis información no teléfono 981 915 635.
Ver Programa
O programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo prioritario incrementar as competencias dos xestores das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente. Esta iniciativa pon a disposición das pemes un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou os procesos de produción, na procura dun impacto positivo global nas compañías.
As empresas interesadas en incorporarse canto antes ao programa Reacciona poden solicitalo ata o próximo 19 de xuño.
Experiencias
Solicitudes
|
|
|
|