SEMINARIO DE INTERNACIONALIZACIÓN: A CONTRATACIÓN PÚBLICA EN COLOMBIA
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizan un seminario sobre "O MERCADO DA CONTRATACIÓN PÚBLICA EN COLOMBIA":
- Día: mércores, 20 de maio de 2015
- Horario: 16.00 horas
- Lugar: sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).
Este seminario está dirixido principalmente a aquelas empresas e asociacións sectoriais interesadas no mercado colombiano, e convócase co fin de ofrecer unha visión informativa e práctica sobre os procedementos a seguir para licitar en Colombia.
Federico Jimeno, Director da Plataforma Pexga en Colombia, expoñerá con detalle, a través de vídeo-conferencia, unha primeira aproximación á contratación pública en Colombia e as oportunidades que se presentan nun sector cualificado como estratéxico polo Goberno do actual Presidente Juan Manuel Santos.
A continuación, e tamén dende Colombia, contarase co relatorio dun experto en dereito administrativo, que explicará o marco normativo e os aspectos fundamentais do proceso licitador, baseándose na súa experiencia de máis de dez anos brindando asesoría xurídica a entidades públicas e privadas na estruturación, contratación e execución de proxectos de infraestrutura e de transporte.
Ver Programa
Os interesados en participar deben remitir un correo electrónico á dirección info@pexga.es co asunto "O Mercado da Contratación Pública en Colombia", indicando o seu interese en participar nesta actividade, razón social da empresa, nome e cargo da persoa que acudiría en representación desta.
Esta xornada abre unha serie de seminarios que se impartirán nas próximas semanas en relación con diversas temáticas de interese sobre algún dos mercados nos que a Rede Pexga está presente. En concreto:
|
|
|
|