XORNADA TÉCNICA SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS VIABLES E INNOVADORES
Achegar ás pemes e aos emprendedores galegos as claves de financiamento para proxectos empresariais viables e innovadores e o obxectivo da xornada técnica específica que se desenvolverá o próximo día 21 de maio, en Santiago, organizada por APD en colaboración con Xesgalicia e Enisa.
A xornada incluirá relatorios sobre instrumentos de financiamento da Empresa Nacional de Innovación (Enisa) e varios exemplos de empresas financiadas por Enisa e/ou Xesgalicia. Os asistentes tamén terán a oportunidade de manter entrevistas one to one se previamente envían un resumo executivo do seu proxecto a noroeste@apd.es.
As empresas interesadas en asistir a esta xornada técnica, que se desenvolverá no Hotel Oca Puerta del Camino a partir das 11:00 horas, poden inscribirse facendo uso do código de invitación de Xesgalicia: 646379759
Programa e incricións.
|
|
|
|