ACTO DE PECHE DO PROXECTO MOBAE: MOBILIDADE AVANZADA E EXTENDIDA
No marco do Proxecto MOBAE, no que participa a Xunta a través do Igape, o vindeiro xoves 3 de marzo, a partir das 9:45 h, na sede de Afundación en Vigo, terá lugar o evento de peche, unha xornada na que se presentarán os resultados do POCTEP e que contará coa intervención de representantes institucionais e expertos cos que, mediante mesas redondas e actividades de networking, reflexionarase sobre os retos e oportunidades en innovación e emprendemento, así como as expectativas e novas tendencias na mobilidade do futuro.
O evento realizarase nun formato híbrido, presencial e en liña.
Xa podes reservar a túa praza aquí: INSCRICIÓN
Máis información do proxecto: MOBAE
|
|
|
|