NOVA CONVOCATORIA DO GALICIA EXPORTA DIXITAL PARA IMPULSAR A INTERNACIONALIZACIÓN DE PEMES E AUTÓNOMOS
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a publicación dunha nova convocatoria do programa Galicia Exporta Dixital, que abrirá mañá o prazo de presentación de solicitudes na procura de facilitar e promover a internacionalización do tecido produtivo galego. Para isto, a nova edición conta cun orzamento da Xunta de Galicia de 4,4M€ co obxectivo de apoiar a expansión internacional de empresas, especialmente pemes e autónomos, a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.
As axudas son de concorrencia non competitiva e cobren ata un máximo do 80% dos gastos e investimentos necesarios para desenvolver e implementar o plan de internacionalización dixital.
Con esta liña preténdese apoiar a transformación dixital do tecido empresarial galego para favorecer o aforro de recursos, a simplificación dos procesos e a apertura de novas canles de comercialización de produtos e servizos que faciliten o acceso a clientes e mercados de todo o mundo.
Máis información:
Convocatoria Galicia Exporta Dixital
informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47
|
|
|
|