XI SEMANA INTERNACIONAL CONTRACT GALICIA
A Xunta, a través do Igape, organiza a XI Edición da Semana Internacional Contract, que este ano se celebrará en formato presencial os días 25 e 26 de outubro, no Parador Costa da Morte, en Muxía.
Como en edicións anteriores, durante o encontro as empresas galegas participantes terán a oportunidade de reunirse con grandes profesionais do sector. Estes encontros bilaterais terán lugar o luns 25 no Parador de Muxía e ao longo do martes 26, no Hotel AC Palacio do Carmen en Santiago de Compostela.
Ademáis, o mércores 27 e o xoves 28, visitaranse empresas galegas líderes internacionais no sector contract, así como emprazamentos arquitectónicos e proxectos singulares de alto valor cultural e artístico.
Programa e inscricións
|
|
|
|