XI SEMANA INTERNACIONAL CONTRACT GALICIA
A Xunta, a través do Igape, organiza a XI Edición da Semana Internacional Contract, que este ano se celebrará en formato presencial os días 25 e 26 de outubro, no Parador Costa da Morte, en Muxía.
Como en edicións anteriores, durante o encontro as empresas galegas participantes terán a oportunidade de reunirse con grandes profesionais do sector, o dia 25 en Muxía e o día 26 en Santiago de Compostela.
Ademáis, visitaranse as industrias máis destacadas da rexión, así coma os puntos arquitectónicos máis relevantes da capital galega e algúns proxectos singulares.
Anote a data na súa axenda, en breve publicarase o programa completo e abriranse as inscricións.
Máis información
|
|
|
|