No marco do Ciclo de webinarios país, o vindeiro mércores
29 de setembro ás 16:00h ESP | 11:00h SÃO PAULO, a Xunta, a través do Igape, organiza unha nova xornada en liña centrada en Brasil, o maior mercado de América Latina.
O encontro abordará as relacións económicas entre España e Brasil e cómo serán na época post Covid, có obxectivo de mostrar as oportunidades que existen para as empresas galegas.
O acto contará coa participación do Embaixador de España en Brasil, o Conselleiro Económico e Comercial de España en Sao Paulo e o Presidente da Cámara de Comercio de España en Brasil .
ProgramaInscrición