TALLERES DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0: TECNOLOXÍAS E SISTEMAS 4.0
AGEINGO e a Confederación de Empresarios de Pontevedra organizan, en colaboración coa Xunta, un ciclo de xornadas para abordar as oportunidades reais que ofrecen as tecnoloxías avanzadas e os sistemas 4.0.
No ciclo, que comeza o próximo xoves 10 de xuño ás 11:45 h, intervirán responsables de empresas galegas tecnolóxicas así como de organizacións empresariais, que compartirán cos asistentes as experiencias e posibilidades que ofrecen solucións como o blockchain, big data e intelixencia artificial, ciberseguridade ou internet das cosas.
O encontro forma parte do programa de apoio para a realización de talleres de dixitalización Industria 4.0, que promove e financia a Xunta a través do Igape, e que é complementario da liña de axudas á dixitalización.
Programa do ciclo de xornadas
Inscricións
|